NOTICIAS

A CONVOCATORIA PRIMA CRITERIOS CULTURAIS TAL E COMO ESTABLECE A UNIóN EUROPEA

18/08/2008

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de axudas para producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega. Destina un total de 3.100.000 euros (800.000 menos que o ano anterior) e introduce numerosas novidades. Dunha banda, en canto aos beneficiarios destas axudas, que poden ser persoas físicas ou xurídicas situadas nun estado da Unión Europea con sede en Galicia. Doutra que se crea a modalidade de ópera prima ou segunda longametraxe e desaparecen os formatos innovadores e pilotos de televisión. Ademais, por primeira vez, a convocatoria axústase aos criterios establecidos pola Comisión Europea que prima na súa valoración os aspectos culturais (ata 35 puntos dun total de 60) por riba dos puramente financeiros (un máximo de 7.5).

Amplía a nova

O PECULIAR UNIVERSO CREBINSKY

18/08/2008

A mediados de setembro comezará a rodaxe de Os Crebinsky. O peculiar universo dos irmáns protagonizados por Miguel de Lira e Sergio Zearreta salta da curtametraxe á longa nunha divertida historia rodada en galego, inglés e alemán. Enrique Otero, director e produtor do filme conta que a historia consiste no percorrido que fan “dous irmáns que van detrás da súa vaca por Galicia adiante, nunha viaxe da costa ao interior, no que van descubrindo de onde son”.

Amplía a nova

É A PRIMEIRA VEZ QUE CATALUñA SE DESVINCULA DO PROGRAMA

12/08/2008

Ata dez longametraxes poderán facerse grazas ao fondo de financiamento que ten o programa Raíces. Un proxecto que manteñen Galicia (a través do Consorcio), Andalucía (a través da Junta de Andalucía) e o Instituto Nacional de Cinematografía de la República Argentina (INCAA) e que este ano destinan 500.000 euros a coproducir longametraxes. O prazo para solicitar a axuda remata o 3 de outubro e a convocatoria sairá publicada no Diario Oficial o mércores 13 de agosto.

Amplía a nova

MARCAS NAS MANS

11/08/2008

Adán Aliaga repite con IB Cinema (xa rodara A casa da miña avoa) para adaptar ao cinema a novela gráfica de Lorenzo Matoti Estigmas. O produtor Xosé Zapata, explica que o filme recrea a “vida de Bruno, un personaxe bastante peculiar, ao que lle saen uns estigmas as súas man co que o que xa ía mal, vai de mal a peor”. Un filme diferente que pretende recuperar a estética da novel gráfica, rodando en branco e negro e que precisou a busca dun actor moi especial para encarnar a Bruno. De feito, éo lanzador de perso de León Manolo Martínez, quen protagonizará este filme máis próximo ao cine de Arte e Ensaio.

Amplía a nova

O CERTAME TERá LUGAR DO 11 AO 18 DE OUTUBRO

07/08/2008

A nova edición do Festival de Cine de Ourense quenta motores. Neste mes de agosto a organización está a peneirar entre os máis de 1.462 filmes recibidos a concurso. De aí sairán os títulos que pasarán á sección oficial que este ano presenta dúas novidades: a sección de animación pasa a ter entidade por si mesma (antes integrada en curtametraxes) e créase a de “novos media” para agrupar as instalacións, creacións de video-arte, filmes para móbiles, TDT... que empreguen formatos non tradicionais que exploren novos xeitos de creación. Entre os títulos recibidos destacan cincuenta e cinco producións galegas nas que hai catro longas. O festival adiántase este ano a outubro, para evitar coincidir coa outra gran cita cinematográfica (Cineuropa de Santiago).

Amplía a nova

A CONTíA REPARTIUSE ENTRE TODOS AS SOLICITUDES

05/08/2008

Malia que houbo 11 solicitudes máis que na última edición, a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, repartíu os 315.508 euros que tiña esta liña de axudas entre todas as entidades solicitantes. Se na primeira vez que se fixo pública esta convocatoria Cineuropa foi a entidade que levou máis a partida económica máis ampla, nesta ocasión non figura no listado de beneficiarios ao non presentar a tempo o Concello de Santiago a súa solicitude. O festival de Cine de Ourense recibe 68.000 euros para a organización da 13 edición, que este ano pretende dar un cambio cualitativo con respecto ás anteriores.

Amplía a nova

Toma nota

A RAPARIGA DO SALTO TEMPORAL, E OUTROS ANIMES NA F. CAIXA GALICIA
Co gallo das I Xornadas de Anime Mangalego na Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande, A Coruña) proxéctanse os seguintes títulos de animación xaponesa: A partir das 11:00 horas: - "Rosario+Vampire" (subt. en galego) - "Full Metal Panic Fumoffu" (subt. en galego) A partir das 16:00 horas: - "Tengen Toppa Gurren Lagann" - "Toki wo Kakeru Shojo" (subt. en galego) - "Fate/Stay night" Poder haber variacións de última hora sobre o programa de proxeccións, que se completa con concursos de karaoke e cosplay e mais premios, nos descansos.

20 / 8 | A Coruña, ás 11 e ás 16 horas

 

PRODUCIÓNS

PROFESIONAIS

VIDEOS

GALERÍAs

ZONA FAN



Certames

  1. V Certame de Documental e Vídeo SecuenciaCero 2008-09-01

  2. Axudas para a promoción de producións audiovisuais a través de Internet 2008-12-01

  3. Máis certames

DOCUMENTOS

  1. Dossier | Ficha técnica completa de Historia dunha parroquia Descrición detallada deste documental actual

  2. Dossier | Dossier técnico e artístico de Manolo Barros, un rebelde de aceiro Todo sobre este documental arredor da figura histórica do cofundador do PCG.

  3. Dossier | O rei galego de África Coñece este documental sobre un emprendedor galego que é empresario en Namibia.

  4. Máis documentos

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org