Novas | 1 a 10 de 3011

Siguiente >>

22/11/2017
Nace o Galician Freaky Film Festival de Vigo

O arbusto con forma de dinosauro, o "dinoseto", da Porta do Sol, en Vigo, é o lugar escollido para a presentación en sociedade mañá ás 12 do primeiro Galician Freaky Film Festival. A Asociación Cultural Reencanto Produccións, organizadora do Primavera do Cine en Vigo ocúpese tamén deste novo evento sobre cinema e cultura freak de orixe galega que se celebrará en Vigo os vindeiros 21, 22 e 23 de decembro.. Amplía a nova>>

22/11/2017
O CCG elaborará un informe para a Xunta sobre a situación laboral da muller no sector cultural

O presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares; o vicepresidente, Alfonso Rueda; e mais o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asinaron un acordo de colaboración para a elaboración do informe A muller na cultura galega: condicións sociolaborais no ámbito cultural con perspectiva de xénero. Este acordo pretende analizar a situación da muller especialmente nas artes escénicas e audiovisuais, desde unha perspectiva estatística, complementándoa cunha investigación cualitativa. Os resultados deste estudo estarán dispoñibles nun prazo de doce meses e as conclusións do documento permitirán ao goberno galego implementar as accións políticas que sexan necesarias. . Amplía a nova>>

21/11/2017
Dhogs faise co premio á mellor longametraxe en Alxeciras Fantástika

O filme Dhogs, de Andrés Goteira, continúa a colleitar recoñecementos. Desta volta, retorna do Certame Internacional das Artes Fantásticas e do Terror Alxeciras Fantástika co preimo Místico de Oro á mellor longametraxe. Producida por Gaitafilms e PixelFilms coa colaboración de La Panificadora Estudios, a obra conseguiu xa galardóns en festivais de Croacia e de Madrid ademais de competir na sección oficial do de Sitges.. Amplía a nova>>

20/11/2017
O décimo Culturgal reunirá 130 actividades e 120 expositores

O Pazo da Cultura de Pontevedra acollía esta mañá a presentación da décima edición de Culturgal, a Feira Galega das Industrias Culturais. O evento, que se desenvolverá nesta localización da Cidade do Lérez entre os vindeiros 1 e 3 de decembro, bate marcas nesta edición ao chegar a 130 actividades no seu programa e a un total de 120 expositores. Como principais novidades desta xeira de aniversario, a feira contará con Portugal como país convidado e co novo espazo dedidado á arte contemporánea, no que haberá presenza de artistas, galerías, estudantes, docentes e críticos e que amplía a superficie do evento ata os máis de 5400 metros cadrados. . Amplía a nova>>

16/11/2017
Vigo acolle o congreso Cultura e Igualdade

A primeira xeira do congreso Cultura e Igualdad, unha iniciativa estatal que quere promover a mellorar da situación das mulleres no ámbito cultural, bota a andar mañá en Vigo. O Auditorio Mar de Vigo acolle este venres a primeira das dúas xornadas da iniciativa, que se centra nesta ocasión na problemática da igualdade no sector audiovisual. A actriz Berta Ojea dirixe esta edición na que se abordarán mediante diferentes mesas redondas cuestións como "Políticas e plans de igualdade para a industria cultural", "A igualdade de xénero no sector audiovisual", ou "Cómo ser guionista ou directora e non morrer no seu intento". No programa, nomes coñecidos do sector galego como Emma Lustres, Miguel de Lira, Uxía Blanco, Alfonso Pato, Chus Gutiérrez ou Jorge Coira. Ojea anunciou que as conclusión do encontro presentaranse publicamente na "Declaración de Vigo".. Amplía a nova>>

15/11/2017
A Academia do Audiovisual reedita a semana dedicada ás bandas sonoras

O Palacio da Ópera da Coruña acolleu a presentación da segunda edición da Semana das Músicas do Audiovisual, un festival singular organizado pola Academia Galega do Audiovisual e pola Orquestra Sinfónica de Galicia coa intención de dar protagonismo ás músicas compostas para cine, televisión e outros medios audiovisuais. Esta segunda edición celebrarase dende o 27 de novembro ata o 1 de decembro na Coruña, Compostela e Narón, baixo a batuta de dirección do evento do compositor Nani García.. Amplía a nova>>

15/11/2017
Once proxectos reparten as subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais

A páxina web da Axencia Galega das Industrias Culturais recolle hoxe a resolución da convocatoria de subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega. Un total de once producións reparten os 200.000 euros das axudas, dos cales 25.000 corresponden a este ano e os restantes a 2018. As axudas distribúense en cadanseus 20.000 euros para os filmes de ficción O vello e o can da produtora Caladiño, Veinte de Vaca Films, Melita, de Abano Producións, Tres flores sen piedade de CTV, Unha casa en Amargura de Ficción Producións, Ultramar de Vaca Films, Garbo, o espía que enganou a Hitler de Portocabo TV e mais After de Frida Films.. Amplía a nova>>

13/11/2017
Comeza a edición máis ambiciosa do Curtas Armadiña de Poio

A terceira edición do festival audiovisual CURTAS ARMADIÑA dá comezo hoxe na localidade pontevedresa de Poio ás súas actividades e proxeccións, que prolongarán ata o vindeiro día 19 de novembro. Este ano o evento organizado pola Asociación Cultural Deportiva e Medioambiental Armadiña presenta numerosas novidades coas que vai crecendo como cita co audiovisual e como ferramenta social máis alá da concepción de certame de exhibición de curtametraxes. . Amplía a nova>>

06/11/2017
Os Premios da Crítica recoñecen traxectorias, compromiso e vangardismo

Baixo o lema "40 anos facendo país para sermos máis nós", lembrando o corenta aniversario da celebración ininterrompida dos premios, a Fundación Premios da Crítica de Galicia reuniu o pasado sábado en Vigo a trescentas cincuenta persoas representativas dos diversos ámbitos da política, da sociedade e da actividade cultural do país. Os diversos xurados dos premios fixeron público nese momento o ditame da cuadraséxima edición dos Premios da Crítica de Galicia na súas modalidades de Creación Literaria, Investigación, Música, Iniciativas Culturais e Científicas, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Cine e Artes Audiovisuais e Cultura Gastronómica.. Amplía a nova>>

31/10/2017
Novembro trae o Cineuropa máis revolucionario

Do 7 ao 28 de novembro, Compostela acolle a trixésimo primeira edición do festival Cineuropa. 264 filmes e 17 seccións nun certame que medra este ano en proxeccións, en número de premiados, en xornadas e espazos de exhibición. O director de orixe griega Costa-Gavras recibirá un dos Premios honoríficos de esta edición, xunto aos directores españoles Manuel Martín Cuenca e Carla Simón, tamén o actor arxentino Leonardo Sbaraglia recibirá un dos Premios Cineuropa 2017.José Luís Losa, director de Cineuropa 31, detallou onte nunha rolda de prensa a programación desta nova edición, e incidiu na súa reivindicación do cinema como experiencia colectiva e na especial atención que o certame presta este ano á mocidade para contribuír á xeración de novos públicos. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, conduciu a rolda de prensa que contou tamén coa presenza da vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra.. Amplía a nova>>

Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org