
Dirección
Nome completo: Llorenç Soler
Valencia 1936
Director, poeta e narrador. Traballa no audiovisual desde 1966, cando roda o seu primeiro documental en Cataluña chegando até os nosos días con colaboracións en diferentes canles de televisión, tanto autonómicas como estatais e no cine. En Galicia traballa entre os anos 1976 e 1978, filmando documentais, mistura de reivindicación e denuncia social, así como a longametraxe relativa ao I Seminario de Arquitectura en Compostela celebrado en Santiago en 1976. Un dos seus últimos traballos foi “Max Aub. Un escritor en su laberinto” protagonizado por Juan Echanove e emitido en TVE en 2004.
Premios e recoñecementos: Ten recibido premios diversos en certames de cine documental en Europa desde os anos 60. Recibiu en 2006 a Medalla de Ouro da Academia Galega do Audiovisual pola súa carreira.
FILMOGRAFÍA
- A mirada de Anna (Imaxes da transición en Galicia) (2009)
- A Ponte da Morriña (A palabra no tempo) (1998)
- Pegadas (1997)
- O monte é noso (1978)
- Autoestrada, unha navallada á nosa terra (1977)
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Llorenç Soler (4)
Data: 9 / 11 / 2022
Falece o documentalista valenciano LLorenç Soler
Data: 10 / 11 / 2009
Un filme analiza a transición en Galicia a través dunha reporteira gráfica dos anos 70
Data: 27 / 11 / 2006
A Academia Galega do Audiovisual galardoa a Llorenç Soler polo seu traballo documentalista
Data: 10 / 5 / 2004
A Universidade da Sorbona acolle unha semana de cine galego catalán