Marcos Nine / Dirección

Marcos Nine

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Marcos Nine
Marcos Nine
Dirección
Nome completo: Marcos Nine Búa
Hannover (Alemaña) 1977   



A partir da década dos 2000 ten desenvolvido unha intensa actividade como director de obras na categoría de non ficción, superando xa a ducia de títulos. Nos seus documentais, de diversa duración, abrangue o retrato de espazos particulares, de persoas tanto públicas como anónimas e historias de carácter social. Traballou para produtoras como IB Cinema ou Bren, alén de autoproducir pezas propias. Comezara no sector audiovisual en empresas como Continental e NTR e como axudante de produción en diversas curtas. Guionizou os Así se fixo de Terra de Miranda e Mareas Vivas. Tamén dialogaría episodios para ambas teleseries e guionizou capítulos da primeira delas. Ademais ten experiencia en realización de publicidade e videoclips e como redactor.

Premios e recoñecementos: Premio á mellor dirección de documental, por Pensando en Soledad, no 11º Festival Internacional de Cine Independente de Ourense (2006). No XVI Festival de Cine Internacional de Ourense (2011) foi recoñecido como o mellor director de documentais por Radiografía dun autor de tebeos. Traballos seus recibiron diversos premios no ámbito galego, consulta a ficha de cada título.


COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 1 videos de Marcos Nine

Arquivos de audio


  • Marcos Nine presenta Radiografía dun autor de tebeos

  • Marcos Nine presenta Manuscritos pompeianos

  • Marcos Nine presenta A fábrica

  • Marcos Nine presenta Aaron

Galería de imaxes | ver As 2 fotos de Marcos Nine

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Marcos Nine (28)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org