Antonio Caeiro / Dirección

Antonio Caeiro

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Antonio Caeiro
Antonio Caeiro
Dirección
Nome completo: Antonio Caeiro Rodríguez
Gondomar (Pontevedra) 1960   



Ten traballado en diferentes campos: videoclips, documentais e publicidade. No mundo da video arte ten feito intervencións multimedia coa Escola de Danza Universitaria da Universidade de Santiago entre as que destaca “O museo”. Como guionista de televisión realizou a serie documental “Os ríos” e o programa concurso “A noite meiga”. Interesado na historia do presos na illa de San Simón no 1936 foi co-escritor dun libro e director dun documental “Aillados”.

Premios e recoñecementos: Ten no seu haber ducias de premios. Desde que gañou o primeiro premio a vídeo argumental en Vilagarcía (1985) obtivo premios nos certames de vídeo de Cádiz (1985), Chamartín (Madrid, 1986), nas Xociviga do Carballiño (1988) e Soria (entre outras). Así como numerosas mencións especiais en certames como o de Oropesa del Mar(1986), Irún (1999) e Madrid (2000)


COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de  (1)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org