Enrique Otero / Dirección

Enrique Otero

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Enrique Otero
Enrique Otero
Dirección
Nome completo: Enrique Otero Suárez
A Coruña 1972   



Actor, realizador, músico e director. Comeza no audiovisual nos 90 coa realización de publicidade e de curtametraxes en vídeo. A fins desta década dirixe un documental, para en 2000 traballar como video-asistente nunha longametraxe e seguir a dirixir curtas. Un ano despois realiza o video musical “Mundo Increible” da formación “Kozmic Muffin”. Desde o 2002 dirixe diferentes curtametraxes e traballa para a TVG e TVE en programas de produción propia e series de ficción, como músico e como realizador. En 2004 sonoriza a curta de animación “Minotauromaquia”.

Premios e recoñecementos: "Os Crebinsky" gañou en 2002 o primeiro premio no VII Festival de cortometrajes La Fila de Valladolid. A curta "Parole" foi finalista do Festival Notodofilmfest en 2003. Por "Crebinsky" levou con Miguel de Lira o premio Alma ao mellor guionista novel no marco do Festival de Cine de Málaga (2011).


Formación específica: Técnico Superior en realización pola Escola de Imaxe e Son de Vigo. Realizou cursos de especialización en montaxe, música (solfeo, piano e harmonía), marketing e de tratamento de imaxe.
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 1 videos de Enrique Otero

Arquivos de audio


  • Enrique Otero fala de Os Crebinsky

Galería de imaxes | ver As 2 fotos de Enrique Otero

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Enrique Otero (15)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org