Marta Larralde / Actriz

Marta Larralde

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Marta Larralde
Marta Larralde
Actriz
Nome completo: Marta Larralde
Vigo (Pontevedra) 1981   
Web propia



A súa carreira comezou cun papel protagonista, na longametraxe “Lena”. Ademais de contar con experiencia en teatro ás ordes de Manuel Camba, participou en teleseries da TVG. Como directora e guionista os seus traballos xiran arredor das curtametraxes ("Los perros de Paulov"), documentais ("Un mar de lembranzas") e mesmo longametraxes ("Una preciosa puesta de sol"). Foi auxiliar de dirección en "Os luns ó sol" e na teleserie valenciana "Dame un beso" e produce os seus propios espectáculos teatrais ("El color de agosto"). Tamén traballou la longa independente "Int-Noche" (2005).

Premios e recoñecementos: Por “Lena” recibiu os premios á mellor actriz no Festival de Cine de Tudela e o Premio Chano Piñeiro do audiovisual galego. Por “León e Olvido” recibiu o premio á mellor actriz no Festival de Cine Español de Toulouse (2004), no Festival Internacional de Cine de Ourense (2004) e no festival internacional de cine independente PÖFF 2004 (Tallinn, Estonia 2004).


Formación específica: Interpretación: Escuela 9 y medio con Adam Black. Curso de iniciación ao teatro con Ricardo Álvarez. Curso de posta en escena con Ricardo Álvarez. Taller de expresión corporal con Malé González. Taller teatral con Manuel Camba. Curso de animación con Egafa Animatum. Taller de vocalización e expresión corporal con Eva Vila. Ciclo Superior de Realización (Escola de Imaxe e Son de Vigo). Danza contemporánea: Estudio tres con Michelle Mann.
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 2 videos de Marta Larralde

Galería de imaxes | ver As 16 fotos de Marta Larralde

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Marta Larralde (12)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org