Evento
Compartir:

O programa ofrecerá en tres meses 32 concertos entre xoves e domingos, case todos na Sala Sónar, impulsora do evento, pero tamén haberá algúns deles que se celebrarán en recintos máis espazosos ou con outras características. Así o Auditorio de Galicia acollerá dous concertos, tres na Sala Capitol e catro deles terán lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela mentres que os restantes 23 serán na Sala Sónar. A segoviana Rebeca Jiménez abrira a edición deste ano o 3 de marzo na sala Sonar e Fredi Leis pechará o ciclo o 20 de maio na Sala Capitol. Entremedias pasarán por algún dos catro escenarios as actuación de xente tan coñecida como Rosana, Javi maneiro, Sonia Lebedynski, Guadi Galego, Javier Ruibal, Rozalén, Xosé Constenla, Rosa Cedrón, Cora Sayers, Ysied ou Helena Goch entre outros.

Amplía a información en Santiautor

Información:

  • 3/3/2017
  • 00:00
  • Sala Sonar, Compostela

Lugar