Evento
Compartir:

Esta exposición está formada por unha selección de obras das coleccións Afundación, ABANCA e Fundación Laxeiro, utilizando como fío condutor ao Laxeiro máis experimental quen, a modo de anfitrión, convida a un variado grupo de artistas de xeracións posteriores, para manter múltiples conversas cruzadas nas que contrastar e compartir cuestións que obedecen a intereses e inquietudes similares. Partindo desta formulación, quíxose fuxir deliberadamente daqueles artistas cunha relación máis evidente coa obra de Laxeiro, para aventurarnos nunha viaxe que propuxera novas relacións, trazando un diálogo híbrido e polivalente, entre a experimentación laxeiriana e a obra de outros artistas, realizada a partir dos anos oitenta. Así, o espectador poderá gozar da abstracción psicodélica de Raimundo Patiño, da figuración expresionista de Caxigueiro, dos xogos figurativos de Jorge Barbi ou Din Matamoro, do neo expresionismo de Xavier Correa, Alberto Datas, Menchu Lamas, Antón Lamazares, Manuel Moldes, Antón Patiño, Xavier Toubes, Rosa Úbeda ou Álvaro de la Vega; da abstracción xestual de Berta Cáccamo ou Almudena Fernández Fariña, da mirada neo pop e irónica de Pilar Álvarez Pablos ou Tono Carbajo, do lirismo xestual de Antón Goyanes, da figuración onírica de Anxel Huete ou da elegancia metafísica de Ignacio Basallo. Título Laxeiro en conversa. Un diálogo con artistas Galegos contemporáneos Artistas Laxeiro, Pilar Álvarez Pablos, Jorge Barbi, Ignacio Basallo, Berta Cáccamo, Vari Caramés, Tono Carbajo, Caxigueiro, Xavier Correa Corredoira, Alberto Datas, Álvaro de la Vega, Almudena Fernández Fariña, Antón Goyanes, Anxel Huete, Menchu Lamas, Antón Lamazares, Din Matamoro, Tatiana Medal, Manuel Moldes, Antón Patiño, Raimundo Patiño, Xavier Toubes, Rosa Úbeda Tipo de obra: Pintura, escultura, debuxo, fotografía Comisario: Javier Pérez Buján Inauguración: 20 de abril, 2017 Clausura: 15 de xullo, 2017 Lugar: Sala de exposicións Teatro Afundación. r/Rconquista, Vigo Produción: Afundación

Máis información Fundación Laxeiro

Información:

  • 20/4/2017
  • 00:00
  • Teatro Afundación, Vigo
  • Fonte: Fundación Laxeiro

Lugar