Evento
Compartir:

Entre o 13 e o 16 de xullo case vinte agrupacións folk de diferentes partes do mundo pasarán polo Escenario Estrella Galicia entre as 21 horas e a madrugada. Entre as novas liñas do festival destaca que as actuacións da tarde do domingo serán exclusivamente a cargo de formacións galegas, neste caso Gamelas e Anduriñas; Os Carecos e Amigos; Treixadura e Cantigas e Agarimos e A Roda. Pero a presenza musical galega non estará limitada a esta tarde xa que no resto do programa tamén están a banda Crebinsky,a Escola de Gaitas de Ortigueira, o gaiteiro Óscar Ibáñez &Tribo e os galego-iralnadeses Böj. Compartíndo as táboas con eles o cartel deste ano ofrece as actuacións de outros músicos de primeiro nivel internacional no escenario Estrella Galicia coma Usher’s Island; Harmonica Creams; Sckerryvore; Scoot Wood Ban; The California and District Pipe Band; Michael McGoldrick Band e os asturianos Tejedor.

Amplía a información en FESTIVAL INTERNACIONAL DO MUNDO CELTA

Máis información

Tres grupos de Eslovenia, Irlanda e Xapón competirán na final do Proxecto RunasO Festival do Mundo Celta de Ortigueira presenta programa

Información:

  • 13/7/2017
  • 00:00

Lugar