A las 5 de la tarde (v.o.s.c.), de Samira Makhmalbaf (2003)

17 de novembro de 2009

Fonte: FCG

A través dunha linguaxe que poderiamos cualificar de neorrealista, Samira Makhmalbaf invítanos coa longametraxe Ás 5 da tarde (Panj é asr) a unha horrible viaxe a un Afganistán desolado pola guerra, a violencia terrorista, a morte, a miseria e a fame. O inicio da historia céntrase na protagonista, unha moza que acode á escola sen o consentimento do seu pai, educado nos vellos preceptos. Son obvias as críticas ás inxustizas respecto ás mulleres, centrándose na educación, base para calquera futuro esperanzador. Samira Makhmalbaf conseguiu, con tan só 3 películas, construír unha sólida e recoñecida filmografía, considerada todo un referente á hora de amosar a situación que atravesa o seu país e os lindeiros.




A Fundación Caixa Galicia achéganos o filme co ciclo ‘Rodando nas aulas’, unha suxestiva programación cinematográfica sobre a educación nas sociedades contemporáneas. Ata o Nadal poderás seguila na túa cidade máis próxima.







Sala de Conferencias - Centro Sociocultural Caixa Galicia Vigo - VIGO (PONTEVEDRA). 17-nov-09




1ª sesión: 18:00 h. (VOSE)

2ª sesión: 20:30 h. (VOSE)




RESERVA A TÚA ENTRADA




Máis información FCG

Fonte:
Ir o web
Teléfono:
Enderezo:
Clásica/Lírica
A Coruña
Facebook do Garaxe Hermético
12:00
Banda deseñada
Pontevedra
20:00
Literatura
Cangas do Morrazo
Blog de María Vilar
Banda deseñada
Vigo
21:00
Audiovisual
A Coruña
clubtura
22:00
Rock
Ferrol