Ciclo Sons 2012: Sharon Corr

21 de xuño de 2012

Lugar: Auditorio de Galicia
Cidade: Compostela
Fonte: santiagoturismo

21/06/2012 - 21/06/2012

O primeiro semestre do ciclo musical Sons 2012 péchase esta noite coa actuación de Sharon Corr, que debuta en Galicia co seu pop-folk celta chegado de Irlanda.



Sharon Corr, artista irlandesa de Dundalk, formou xunto aos seus irmáns Jim Corr, Caroline Corr e Andrea Corr o exitoso grupo internacional The Corrs.



En 2011, Sharon Corr presenta o seu último disco até a data, ‘Dream of you’, así como temas de sempre da súa etapa con The Corrs.

O seu último disco é unha colección de preciosos temas pop bellamente manufacturados e gravados en Dublín o pasado ano. Sharon traballou cun amplo e ecléctico espectro de renomeados músicos de música tradicional irlandesa que inclúe a Davy Spillane, John McSherry, Máirtín O´connor e Gerry O´connor, ademais dos seus habituais Anthony Drennan, Keith Duffy e Jason Duffy ás guitarras e batería respectivamente. O álbum tamén inclúe unha marabillosa colaboración co lendario Jeff Beck no sobrecogedor track ‘Mna Na hÉireann’. Sharon quixo que o seu violín tivese o papel principal no mesmo. “Foi importante para min manter a influencia irlandesa e o violín, porque é de alí de onde veño”, di, “pero quería explorar o violín nun contexto moito máis amplo”.

Amplamente coñecida en todo o planeta como a violinista, cantante e a voz acompañante en The Corrs, Sharon gozou dun tremendo éxito con 60 millóns de discos vendidos, xiras por estadios de todo o mundo e un incontable número de singles número 1 en todo o mundo.

Tras os seus 15 anos de carreira con The Corrs e o nacemento do seu segundo fillo, Sharon redescubriu o seu amor pola composición e saca o seu primeiro álbum en solitario, ‘Dream of You’, no que é a vocalista principal cun puñado de cancións frescas dotadas de tradición irlandesa.

Se os éxitos que ela escribiu en The Corrs foron as súas cancións de inocencia, as de ‘Dream of You’ son cancións baseadas na experiencia. “A xente tende a encasillarte como compositor, violinista, grupo de pop ou músico de rock” di Sharon. “Eu actualmente son un montón de cousas diferentes, pero non teño intención de negar ningunha delas. Teralas todas xuntas neste álbum”.


Máis información santiagoturismo

20:00
Audiovisual
A Coruña
CGAC
Arte
Compostela
Café Latino
Jazz/Blues
Ourense
Feiras do Libro
Literatura
Lugo
AGADIC
Teatro
Santiago de Compostela
AGADIC
20:30
Teatro
Lugo