Lugar: Praza de Compostela
Cidade: Vigo
Fonte: Federación de Libreiros
PROGRAMA DE ACTOS
Día 29. Venres
11.00 Apertura da feira.
19.30 Actuación do grupo de gaitas e baile CC. Becerreira de Cabral
Inauguración oficial. Pregón a cargo de Xosé Neira Vilas.
Nova actuación do grupo de gaitas e danzas.
20.30 O escritor Xosé Neira Vilas asinará exemplares dos seus libros.
20.30 Presentación do libro de poemas Acuática alma, de Marta Dacosta, publicado por Edicións Espiral Maior. Xunto coa autora do libro, participará no acto Rexina Villar.
Día 30. Sábado
18.15 Actividade infantil: Máis que brincos. Obradoiro de marcapáxinas en feltro...un bo xesto de axudar na afección á lectura.
19.00 Presentación do libro Dun tempo e dunha terra. Antoloxía poética de Celso Emilio Ferreiro, de Gonzalo Navaza, con ilustracións de David Pintor, publicado por Editorial Tambre – Edelvives. Xunto cos autores, participarán no acto Luís Ferreiro, fillo do poeta e Ignacio Chao, director da editorial.
20.00 Presentación do libro Xardín de inverno, de Ledicia Costas, con ilustracións do fotógrafo Daniel Puente Bello, publicado por Editorial Everest Galicia. Xunto coa autora e o ilustrador, participará no acto a editora Irene Penas. Tamén intervirán na presentación os Poetas da Hostia.
20.30 Beatriz Manjón (presentadora do programa A Solaina, da TVG), firmará exemplares do seu libro Héroes de polvo, publicado pola editorial Suma de Letras.
21.00 Presentación do libro Infancia de vacas mortas, de Xosé Daniel Costas Currás, publicado por Editorial Barbantesa. Xunto co autor, participará no acto a escritora Ledicia Costas.
Día 1. Domingo
18.15 Actividade infantil. Máis que brincos. Obradoiro de globoflexia creativa... todo o que poidas imaxinar feito con globos.
19.30 La vida y el amor. Recital poético musical de Rosa María González, acompañada al teclado por Freddy Miguel Novoa.
19.30 Xosé Manuel González “Oli”, asinará exemplares dos eu libro Artur, publicado pola Editorial Kalandraka.
21.00 Enogastrofonías Ferreirianas. Espectáculo deseñado por Arraianos para a feira do libro. Percorrido pola obra de Celso Emilio Ferreiro a través da poesía, da música e o viño do Ribeiro, maridado con minigaleguesas de Facenda O Agro, de Celanova. Presentación do monográfico da Revista Arraianos Celso Emilio Ferreiro fai 100 anos. Cociña en directo e degustación, previa inscrición. Participan Aser Álvarez (poesía), Alexandre Meire (música) e Mario Poti (cociña).
Día 2. Luns
18.15 Actividade infantil. Máis que brincos. Maquillaxe artística... convértete na túa personaxe preferida.
19.00 Presentación do libro Carné de identidade, de Mahmud Darwik, traducido por Moncho Iglesias Míguez e Samar Sabat e publicado por Editorial Barbantresa.
19.30 O escritor Isaac Otero, asinará exemplares do seu libro de poesía El niño del agua, publicado pola Deputación Provincial de Pontevedra.
20.00 Presentación do libro En vías de extinción, de María Reimóndez, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto coa autora do libro, participarán no acto Michael Skinner e Manuel Bragado.
21.00 Presentación do libro A derrota de Galicia, de Antón Baamonde, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Intervirán Manuel Bragado e o autor do libro.
Día 3. Martes
18.15 Actividade infantil: Rony Macarroni. Contacontos e xogos interactivos. ¿Matopeias ounonmatopeias? Historia dun cabaleiro andante (sen cabalo) máis poeta que guerreiro, que loita con onomatopeias.
19.30 O escritor e xornalista Alfonso Armada asinará exemplares do seu libro Mar Atlántico. Diario dunha travesía, con fotografías de Corina Arranz, publicado por Editorial Alento.
20.00 Presentación do libro Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño, publicado por Editorial Galaxia. Xunto coa autora do libro, participan no acto Carlos Lema e Manuel Forcadela.
21.00 Concerto de presentación do libro-disco Rapoemas, de Aid, publicado por Editorial Galaxia. Presenta on acto Francisco Castro.
Día 4. Mércores
11.00 O escritor Antonio Piñeiro asinará exemplares da súa novela As fiandeiras, Premio García Barros 2011, publicado por Editorial Galaxia. Estará presente na feira durante toda a xornada.
18.15 Actividade infantil. Darrente a parede. Música tradicional. Festa e animación para nenos e nenas de 1 a 100 anos.
19.30 O escritor Agustín Fernández Paz asinará exemplares dos seus libros.
20.00 A escritora e xornalista Elena Gallego Abad, presenta o seu libro Dragal III. A Fraternidade do Dragón publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto coa autora do lubro, participarán no acto Marcos Calveiro e Manuel Bragado.
21.00 Presentación do libro Atl, de Manuel Lourenzo, gañador do Premio Blanco Amor de narrativa 2011, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Intervirán o autor do libro e Manuel Bragado.
Día 5. Xoves.
18.15 Actividade infantil. Técnica de Origami Creativo a cargo de Rosa María González Álvarez.
19.30 O escritor Pedro Feijóo asinará exemplares da súa novela Os fillos do mar, publicada por Edicións Xerais de Galicia.
20.00 Presentación do libro Para unha crítica do españolismo, de Camilo Nogueira, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Intervirán no acto Manuel Bragado e o autor do libro.
20.30 María Xosé Porteiro asinará exemplares do seu libro Vine, vi y ...hablé!. Las mujeres frente al discurso público, publicado por Auga Editora
21.00 Presentación do libro Medievalario, de Fran Zabaleta, publicado pola editorial Redelibros. Xunto co autor, participará no acto Marcos Calveiro, Premio Merlín 2012.
Día 6. Venres.
18.15 Actividade infantil: Roni Macarroni. Contacontos e xogos interactivos. A historioa de Rata “O Pirrata”. Casting e cursiño de piratas cun capitán moi caradura e divertido.
19.00 Presentación do libro A Nosa Señora da Lanzada. Estudio antropológico de un santuario costero, de Rafael Quintiá Pereira, publicado por Librería Nós.
19.30 O humorista gráfico do Faro de Vigo, Gogue (autor de Floreano), asinará exemplares do seu libro Historias floreánicas II, publicado por Todogrove Edicións.
20.00 Presentación do libro O neno can, de Fina Casalderrey e Francisco Castro, publicado por Editorial Galaxia. Xuntro cos autores, participará no acto Víctor F. Freixanes.
21.00 Charla presentación do libro Doblando las mates. Proyecto con papiroflexia de toda una tribu, de Miguel A. Vidal Martín, publicado por Auga Editora.
Día 7. Sábado
18.15 Actividade infantil: Rony Macarroni. Contacontos e xogos interactivos. Victoriano, un mago como un piano. A historia dun neno que pensaba que se podía ser artista sen estudar.
19.00 O escritor Luís Anguita Juega asinará exemplares do seu libro Siempre habrá un lugar para soñar, publicado por Ediciones Carena.
19.00 O escritor Francisco Narla presenta o seu libro Assur, publicado pola editorial Temas de Hoy
20.00 Presentación do libro Mi padre comía botones, de Juan Sacha Full, publicado pola editorial Redelibros. Xunto co autor, participará no acto o editor Fran Zabaleta.
21.00 Segredos da novela histórica. Mesa redonda coa participación de Marcos Calveiro (Settecento. Ed. Xerais), Pere Tobaruela (Poñente. Ed. Xerais) e Fran Zabaleta (Medievalario. Redelibros). Ao remate do acto, os autores asinarán exemplares dos seus libros.
Día 8. Domingo.
18.15 Actividade infantil
19.00 Recital do grupo poético Brétema, coa participación dos poetas Amante Romero, Carmen Darriba, Mª Luisa López, Manuel Vázquez, , Manoel Xosé, Rafael Gómez, Carmen Duro, Rosa Vázquez, Gelu García, Miguel Correa, Teresa Cariño, Chari Sabin, Mariano Marcos, Caty Almagro, Isabel Ruíz, Anselmo Prada, Isabel González, Estrella Velasco, Candela Fernández, Alonso Rodríguez, Isaura Lago, Santiago González, Mary Ferreira, Dosy Martínez.
22.00 Peche da feira do libro.
HORARIO DA FEIRA
Mañás: 11.00 a 14.00
Tardes: 18.00 a 22.00
Durante a feira, os libros terán un desconto do 10%