|
|
 |
 |
|
 |
|
 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
|
18/
8/
2008 
A organización cifra en 70.000 os asistentes a Viñetas desde o Atlántico
Miguelanxo Prado, director de Viñetas desde o Atlántico, asegurou que o salón de cómic da Coruña recibiu 70.000 visitantes durante a súa celebración, toda a semana pasada. “Está claro que non hai 70.000 afeccionados ao cómic nin sequera en toda España, pero si que este festival crea novos adeptos”, asegurou Prado a El País. As boas perspectivas de público sinaladas desde a organización de Viñetas non se traduciron directamente nos resultados económicos do Salón. Segundo Juan Carlos Sanmiguel, presidente da Agrupación de Libreiros da Coruña, con respecto a anos anteriores, notouse un “baixón nas vendas” provocado, ao seu criterio, “polo cambio de ubicación do salón e porque non había unha boa sinalización”. Ao criterio do libreiro, é importante que “as editoriais se comprometan con Viñetas para sacar novidades específicas para o salón” e, dese xeito, reforzar o carácter excepcional da feira, xa que “o afeccionado está ben surtido polas librarías todo o ano”. Para Sanmiguel, Viñetas está “perdendo un pouco de forza” e aposta por diversificar a oferta de actividades e explotar máis o aspecto festivo da mostra. Pola outra banda, para a vindeira edición, Miguelanxo Prado apuntou a necesidade de que o Salón medre en espazo e recupere máis presenza na rúa.
Ampliar nova >> |
 |
13/
8/
2008 
Presentación en globos
Hai tempo que os comics deixaron de ser libros para público infantil e comezaron a explorar novos sendeiros temáticos e expresivos. A undécima edición de Viñetas deste o Atlántico é un reflexo de toda esa vertente social e comprometida que está a enganchar a novos públicos. Amén diso, o salón da Coruña é a cita grande do ano ao que acoden as editoriais para presentar as súas novidades e converterse por uns días no epicentro da banda deseñada.
Ampliar nova >> |
 |
8/
8/
2008 
A temática social centra as exposicións desta edición de Viñetas deste o Atlántico
Comeza a conta atrás para a vindeira edición de Viñetas desde o Atlántico, o salón da banda deseñada da Coruña. Un evento que este ano conta con menos espazo expositivo ao coincidir coa celebración da feira de artesanía e varias exposicións conmemorativas do oitocentos aniversario de creación da cidade. As mostras deste ano teñen unha marcada temática social, desde as historias sobre o alzheimer de Arrugas ou a experiencia de Miguel Gallardo co autismo (que retrata en María y yo) ou o cambio climático. Canda isto, todo os días haberá as tradicionais presentacións a cargo de autores e colectivos galegos. Todo isto, a partir do luns.
Ampliar nova >> |
 |
7/
8/
2008 
David Rubín estrénase no humor gráfico publicando tiras en El Periódico de Catalunya
El Periódico de Cataluña publica desde o pasado día 1 de agosto a tira titulada Jekyll & Hyde, detectives…o algo así feita por David Rubín e Jorge García. Unhas tiras nas que unha parella de detectives investigan casos “insólitos”. Outro autor galego que leva a súa obra fóra é Brais Rodríguez, que acaba de ser releccionado para a mostra do Injuve. Xa en Galicia, adíase para o despois do verán o obradoiro de Antonio Seijas en Mugardos, Cráneo ofrecerá un taller para maiores de catorce anos (20 e 21 de agosto na biblioteca González Garcés) e Alberto Vázquez impartirá outro sobre os recursos estilísticos aplicados á ilustración, cómic, publicidade e deseño gráfico (14 de agosto, Casa das Atochas).
Ampliar nova >> |
 |
6/
8/
2008 
Unha exposición repasa a traxectoria do colectivo Polaquia
A libraría Arenas da Coruña inaugura este venres (20:00 horas) a exposición Pinche Mundo, que recrea a novela gráfica de Kike Benlloch e Diego Blanco. Pero non é máis que a primeira dunha batería de novidades que o colectivo Polaquia ten previsto para este mes. O sábado, o café O Alfaiate inaugurará outra exposición que fará un percorrido polos seis anos que leva publicandose o fanzine Barsowia, principal canle de expresion do colectivo. Novidades que se poderán seguir no renovado sitio web de Polaquia que inclúe un catálogo editorial completo, blogs dos autores do colectivo así como unha sección de descarga. Por último, o colectivo anunciará a vindeira semana as noviedades editoriais no marco da feira Viñetas desde o Atlántico.
Ampliar nova >> |
 |
4/
8/
2008 
A Deputación adía ata setembro o fallo do seu premio de cómic
O gañador do “Premio Castelao de Banda Deseñada” que convoca a Deputación da Coruña non se saberá ata setembro. Malia que ata o momento o galardón se entregaba no marco das xornadas “Viñetas desde o Atlántico” que o concello da Coruña organiza cada agosto, a Deputación decidiu adialo ata o próximo mes. Fontes da Deputación apuntaban que se trata dunha decisión que pretende potenciar, incrementar e visibilizar o mundo do cómic.
Ampliar nova >> |
 |
1/
8/
2008 
As aventuras de Astérix volverán publicarse en galego
A editorial Salvat Bruño editará as historias de Astérix e Obélix en galego. Así o confirmou a Mesa pola Normalización Lingüística que, a través das súas Mocidades, iniciou no 2005 unha campaña pola galeguización desta banda deseñada. Segundo esta fonte, será no outono, cando estean á venda as publicacións no noso idioma, como tamén estará o triplo tomo co que se festexará as bodas douro do nacemento das aventuras creadas por Goscinny e Uderzo.
Ampliar nova >> |
 |
28/
7/
2008 
Cerditos de Guinea publica álbum e anova web
O tesouro de Carraxe unha nova versión da primeira aventura do pirata galego Trasmallo, está xa nas librarías da man de Cerditos de Guinea Cómicas. A obra conta con 54 páxinas a cor a cargo de GoChi. Canda a el, o volume inclúe material extra de Manel Cráneo, Dani Montero, Hugo e Sergio Covelo, un prologo de Diego Rodríguez e unha entrevista ao autor. Ao tempo, a editora adianta que está a traballar na terceira entrega da serie, Escola de Piratas, e que no seu anovado web, achegará cumprida información de como avanza este proxecto. Este espazo virtual achegará tamén unha sección chamada Lata de ferramentas na que se poderán coñecer polo miúdo os trebellos e técnicas máis habituais no mundo da banda deseñada.
Ampliar nova >> |
 |
28/
7/
2008 
Un documental amosará o proceso creativo de catro autores galegos de BD
Na procura da besta é o título do documental co que Marcos Nine quere retratar o proceso de creación dunha BD. Os autores David Rubín, Alberto Vázquez e mais o dúo composto polo guionista Kike Benlloch e o debuxante Diego Blanco serán os exemplos polos que se vaia seguindo a evolución de cadansúa historia de seis páxinas desde o nacemento ata a edición dun volume que recolla estes traballos. Está previsto que tanto o documental coma a obra vexan a luz para comezos de 2009.
Ampliar nova >> |
|
|
 |
Untitled Document
 |
PUBLICACIÓNS |
 |
|