» banda deseñada »  autores
chema.jpgSantos Vila, José
  1978   
Chema
Debuxante
Contribuiu á creación do Salón do Comic de Ribeira entre 1992 e 1995. Comezou publicando historias no fanzine do instituto de Ribeira, entre 1995 e 1998. É o autor do cómic en liña "Escuela de campeones" para Canaltaekwondo.Com (1999-2000) coa colaboración de Sanmiguel. As BDs "Pó de estrelas" con guión de Xeno, e "Epifanía", presentadas ao concurso de BD O Alfaiate, foron obxecto dunha exposición colectiva por parte de Empuje.net A súa BD "El Artista Adolescente" foi publicada na revista do concurso de cómic de Albacete 2005 ao resultar finalista. A historia "Chico mal dibuxado" foi publicada na revista online Busola ao resultar gañadora do 1º concurso de cómic de Valadouro en 2005. Actualmente colabora con bd no fanzine "O Despregable" da "Embaixada Prusiana".

Palmarés
Finalista no XV Concurso de cómic de Albacete 2005. Primeiro premio no I Concurso de comic do Valadouro (Lugo 2005). Finalista no I Concurso de “Tiras contra o sexismo” do Concello da Coruña (2005). Primeiro premio no II concurso de Comic de Valadouro en 2006 pola BD "Crenzas".

Formación específica
Graduado Artístico na Especialidade de Volume (Escultura) pola Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela (2002). Técnico Superior de Ilustración pola Escola de Artes e Oficios Pablo Picasso da Coruña (2004).
publicacións
Revista ou comic-book
Búsola
Debuxante, Guionista,


  Noticias relacionadas

Abre en Ourense a exposición fotográfica de Chema Prado como antesala do OUFF
Publicado o 15 / 9 / 2023
En 'Series' o rabadés retrata moitos protagonistas coñecidos do sector cinematográfico cos que tivo contacto
O programa Educa Audiovisual achegará as producións galegas a secundaria
Publicado o 8 / 5 / 2023
A Agadic e a Asociación de Produtoras Independentes promoven este ciclo
A sexta edición de Novos Cinemas volverá a traer o cinema emerxente a Pontevedra
Publicado o 9 / 12 / 2021
Abrirase coa estrea en Galicia do documental 'A virxe roxa' de Marcos Nine
Outórganse os Premios da Cultura Galega 2020
Publicado o 7 / 12 / 2020
Ledicia Costas, Xurxo Lobato e aCentral Folque entre os premiados
A Academia recoñece o éxito de 'O que arde' e 'Hierro'
Publicado o 9 / 3 / 2020
Os XVIII Premios Mestre Mateo reivindican a proxección sen fronteiras do talento audiovisual galego
A Academia do Audiovisual dá o seu Premio de Honra ao proxeccionista do CGAI
Publicado o 27 / 2 / 2020
José María Rodríguez Armada recibirá o seu galardón na gala dos Premios Mestre Mateo
A Mostra de Teatro Clásico de Lugo recupera a súa entidade
Publicado o 24 / 2 / 2020
A XXª edición ofrecerá 10 representacións no mes de marzo

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org