» banda deseñada »  autores
emmarios2.jpgRíos Maneiro, Emma
Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)  1976   
Teléfono: 687 239 643 /
Enderezo electrónico: nekonet@gmail.com
Emma Ríos
Debuxante
É a artista galega por excelencia en Marvel Comics. Naquela mítica editorial participou no título colectivo Girl Comics e na popular serie Amazing Spiderman (nºs 631-633 con Chris Bachalo, nº 636 con varios debuxantes), ambos títulos de 2010, así como en Runaways, xa publicado en castelán por Panini en 2009, como segundo volume da cabeceira. Tamén debuxou para Irredeemable Special (Boom!, 2010). Ten traballado como arquitecta, ilustradora e autora de cómic, campo este no que se caracteriza por un estilo próximo ao manga. Colaborou entre outros cos fanzines El bolchevique vespertino, Esto es la guerra, Mensajes en una botella e Comikaze. É a guionista e debuxante de A prueba de balas, unha historia de acción futurista que comezou en formato fanzine (nº0, agosto de 2001; nº1, agosto de 2002) e que se iniciou como cómic por imprenta coa incorporación da autora ao colectivo Polaqia (A prueba de balas nº1, agosto de 2003). Unha historia curta deste universo publicouse no Fanzine das Xornadas (2002) e outra no Barsowia nº2 (2004). Colaborou noutros números do Fanzine en 2005 e do Barsowia en 2007 (nº9) e tamén no Dos Veces Breve "Especial autoras" (2006) e no Proxecto EntreCruzar (2006). O fanzine L´Inedit publicoulle un libro de bosquexos. Fixo parte das seguintes exposicións: Novos autores coruñeses, Viñetas desde o Atlántico 2000; O chapapote móvese, 2003; Polaqia en llamas, Viñetas desde o Atlántico 2006; La historieta gallega, Fundación Feima, Madrid 2006; O Medo, salón do libro infantil de Pontevedra, 2007.

Convidada a Angoulême polo fanzine L´inédit 2006, e ao salón de Andenne (Bélxica, 2005 e 2006), así como a Viñetas desde o Atlántico (2009), onde contou con mostra monográfica propia.

Realizou as ilustracións: Sam & Twitch, especial Spawn (Delcourt, 2006), 10th Muse (Bluewater Productions), e na revista francesa de rol e ci-fi Casus Belli números 37 e 38.

Tamén colaborou por conta propia coa empresa de animación Deboura.

Palmarés
Gañou o concurso de Arteixo en 1999 co cómic Como el cielo en invierno. Terceiro premio do Certame de Banda Deseñada da Xunta de Galicia (2004) formando equipo con David Rubín. Premio ao mellor autor revelación en Expocomic (Madrid, 2008) por Los Reyes Elfos: Historias de Faerie 2 e Barsowia.

Formación específica
É arquitecta pola Universidade da Coruña.
publicacións
Revista ou comic-book
Shadowland: Elektra
Debuxante,
Revista ou comic-book
Osborn
Debuxante,
Álbum
Galimatías, ano 0
Debuxante,
Álbum
Strange
Debuxante,
Álbum
Amadís de Gaula
Debuxante,
Álbum
Hexed. A marca de Lucifer
Debuxante,
Revista ou comic-book
Galimatías
Debuxante,
Catálogos e manuais
Historieta Galega 1973-2008
Debuxante,
Revista ou comic-book
Hexed
Debuxante,
Catálogos e manuais
10 anos de BD galega
Debuxante,
Catálogos e manuais
La historieta gallega
Debuxante,
Álbum
Na Vangarda
Debuxante,
Revista ou comic-book
Caña
Guionista, Debuxante,
Revista ou comic-book
A prueba de balas
Editor, Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
Barsowia
Debuxante, Guionista, Portadista,
Álbum
H2Oil
Debuxante, Guionista,
Fanzine
Carne líquida
Ilustradora,
Fanzine
A prueba de balas (ed.fanzine)
Guionista, Debuxante, Editora,
Revista ou comic-book
Certame de cómic de Arteixo
Debuxante,
Fanzine
Craneofilia
Ilustrador,
Revista ou comic-book
O Fanzine das Xornadas
Debuxante, Guionista, Portadista,
Revista ou comic-book
Concurso galego de BD (varios títulos)
Debuxante,


  Noticias relacionadas

Unha mostra recupera o Universo Galimatías de Fausto Isorna
Publicado o 7 / 9 / 2010
Os visitantes recibirán un exemplar recopilatorio da revista
David Rubín participa na mellor antoloxía de BD do ano 2010
Publicado o 26 / 7 / 2010
Emma Ríos anuncia a publicación dunha nova miniserie en Estados Unidos
Emma Ríos debuxará Elektra
Publicado o 18 / 5 / 2010
Shadowland: Elektra verá a luz en setembro con guión de Zeb Wells
Un camiño de viñetas
Publicado o 10 / 5 / 2010
Ofrecémosche íntegra a exposición do posto galego no Saló del Còmic de Barcelona
Emma Ríos e Xurxo Penalta publican novas historias en Estados Unidos
Publicado o 10 / 5 / 2010
A galega colabora na serie Amazing Spider-Man
Barcelona despois da festa
Publicado o 5 / 5 / 2010
Menos novidades editoriais e a ausencia dun posto de venda marcan a presenza galega no XXVIII Saló del Còmic
A BD galega volta ao Saló del Còmic de Barcelona
Publicado o 4 / 5 / 2010
Unha exposición sobre o Camiño de Santiago protagoniza a presenza do noso país

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org