» banda deseñada »  publicación
Carne líquida
2002 | Fanzine

 

Fanzine coordenado Brais Rodríguez e Roque Romero que conta con obras súas e tamén con traballos de Chuck, Jano, Diego Blanco, Bernal, Pablo e José Oubiña, entre outros. Contido experimental e misceláneo que xoga moito coa parodia e a espontaneidade formal. Utiliza repetidamente técnicas como o collage ou a sobreimpresión. Os autores combinan obras propias con contido antigo como anuncios decimonónicos. O nº1 saiu en Viñetas desde o Atlántico (A Coruña VIII-2002), o nº2 nas Xornadas de BD (Ourense X-2002), o nº3 no Festival IFI (Pontevedra IV-2003), o nº4 en Viñetas desde o Atlántico (A Coruña VIII-2005), o nº5 en Viñetas (VIII-2006), o nº6 en Viñetas (VIII-2007), o nº7 en Viñetas (VIII-2008). Despois do nº9 (2010), o fanzine faltou á súa habitual cita anual, xa que non se publicou número no transcurso de 2011. O nº4 tivo 48 páxinas e traballos de Brais, Roque, Diego, Jano, Carlos Arrojo, Chuck, Fernandisco, Rapa, Damián, Eliseo e Oubiña. O nº5 tivo 40 páxinas e traballos de Álvaro López, Antía Sánchez, Carlos Arrojo, Brais Rodríguez, Coco Lens, Chuck, Diego Blanco, Emma Ríos, Jano, Meri, Oubiña, Miguel Porto, David Rubín e Luis Sendón. O nº6 tivo 52 páxinas e colaboraron Carlos Arrojo, Bernal, Diego Blanco, Lucas, Piñas, Emma Ríos, Chuck, Martín Romero, Usted, Antía, Nela, Roque Romero, Brais Rodríguez, Jano, David Rubín, Miguel Porto, Sergio Covelo, Torrico, Kike Benlloch. No número sete uníronse novos colaboradores como Álex Tiñas, Silvi ou Miguel Porlán.

FICHA TÉCNICA

Pontevedra (Galicia), 2002
Textos en castelán, galego
Continúa a publicarse
Periodicidade anual
Depósito legal: Carece
ISBN: Carece
ISSN: Carece
Categoría: Fanzine
Formato: fotocopiado, grampado, 21 x 14.85 cm, 20-60 páxinas, interior en branco e negro, capas en branco e negro
PVP: 0.60-3.50 euros
Tiraxe: 35-60 exemplares
Distribución: Galicia
Entidade: ,

autores

neveira.jpg
Arrojo, Carlos
Ilustrador


bernal.jpg
Bernal
Debuxante


blanco.jpg
Blanco, Diego
Debuxante
Ilustrador


josedomingo.jpg
Domingo, Jose
Debuxante
Guionista


ret_jano3.jpg
Jano
Debuxante
Ilustrador


alvarolopez2.jpg
López, Álvaro
Ilustrador


mporto_ficha.jpg
Porto, Miguel
Ilustrador


emmarios2.jpg
Ríos, Emma
Ilustradora


braisrodriguez.jpg
Rodríguez, Brais
Editor
Debuxante


martinromero.jpg
Romero, Martín
Debuxante
Guionista


roqueromero.jpg
Romero, Roque
Editor
Debuxante
Ilustrador


rubin2.jpg
Rubín, David
Ilustrador


jorgetaboada.jpg
Taboada, Jorge
Debuxante




  Noticias relacionadas

BD: Radiografía 2010
Publicado o 12 / 1 / 2011
Culturagalega.org presenta o primeiro resumo estatístico sobre a produción de banda deseñada no noso país
Cadriños sen crise
Publicado o 10 / 8 / 2010
Viñetas desde o Atlántico mantén o seu nivel cunha maior participación do sector
Barcelona despois da festa
Publicado o 5 / 5 / 2010
Menos novidades editoriais e a ausencia dun posto de venda marcan a presenza galega no XXVIII Saló del Còmic
Dámosche todas as claves para te orientar no proceloso mundo da BD galega
Publicado o 13 / 4 / 2010
ABC BD : Manual Básico de Banda Deseñada
O fanzine El Dios Mofeta está dispoñible en liña
Publicado o 12 / 4 / 2010
A obra é candidata aos premios do Saló del Còmic de Barcelona
Afúndense as candidaturas galegas aos premios do Saló del Còmic de Barcelona
Publicado o 12 / 3 / 2010
Unicamente Carne Líquida e El dios mofeta optan aos premios ao mellor fanzine
Dúas candidaturas galegas nos premios Expocómic
Publicado o 19 / 11 / 2009
Carne Liquida e As serpes cegas optan a cadansúa categoría

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org