culturagalega.org
certames
inicio / certames / XXX premio de novela Blanco Amor
NARRATIVA | Ata o 2012-09-28
Poderán participar nel todos os autores e autoras, de calquera nacionalidade, que presenten unha ou varias obras escritas en lingua galega segundo a normativa oficial. As novelas terán unha extensión mínima de 150 folios mecanografados ou escritos en ordenador (tamaño de fonte 12) a unha soa cara e a dous espazos ou de 75 folios mecanografados ou escritos en ordenador (tamaño de fonte 12) a dúas caras e a dous espazos. As obras presentadas terán que ser inéditas. De cada obra presentaranse cinco copias asinadas cun lema, en paquete sen remite dirixido á concelleira de Cultura do Concello de Fene. Nun sobre anexo, pechado e baixo o mesmo lema, indicaranse o nome e enderezo do autor ou autora e, de ser posible, o seu teléfono e enderezo electrónico. O ditame do xurado darase a coñecer no mes de novembro de 2012. A concesión do premio non implicará cesión dos dereitos de propiedade sobre a obra premiada. As obras non premiadas devolveranse aos/ás autores/as que o soliciten, no prazo dun mes, contando desde o día do veredicto. Os gastos de devolución serán por conta dos/as autores/as. En caso de non recollerse dentro deste prazo, os orixinais serán destruídos.
- Convoca / Enviar a:
«Para o XXX Premio Blanco Amor»
Concelleira de Cultura
Concello de Fene
Avenida de Naturais, 44, entrechán
15500 Fene

Dotación: O premio estará dotado con 12.020 euros
daniel.romero@fene.dicoruna.es

Categorias

Artes escénicas. total: 1

Investigación. total: 1

Narrativa. total: 2

Poesía. total: 3

Tradición. total: 1

Avísamos
¿Vés de convocar un certame? Envíanos a información.
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org