culturagalega.org
certames / narrativa
inicio / certames / Narrativa

Os máis próximos

NARRATIVA | Ata o 2014-05-02
Poderán concorrer ao premio todos os autores e autoras de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos, acordes coa normativa oficial vixente en lingua galega, agás os gañadores de pasadas edicións. Os textos presentados deberán ser inéditos e totalmente orixinais. Os orixinais serán presentados por sextuplicado exemplar en papel tamaño folio ou en holandesa, mecanografados a dobre espazo. Con cada orixinal que deberá ser presentado baixo lema, xuntarase, en sobre pechado, o nome completo, enderezo e teléfono do autor ou autora, así como o título da novela. Presentarase na plica unha declaración xurada conforme están ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa seguridade social, e non están incursos en prohibición de percepción de obrigas públicas, e en xeral de cumprir os requisitos do artigo 13 da LGS 38/2003.
- Convoca / Enviar a:
Concello da Estrada
Casa do Concello
Praza da Constitución, 1
36680 A Estrada
(Pontevedra)

Dotación: O premio terá unha dotación económica de 9.000 euros que se outorgará indivisiblemente nun único premio. O premio poderá ser declarado deserto.
Máis información
NARRATIVA | Ata o 2014-09-01
Poderán participar nel todos os autores e autoras que presentaren unha ou varias obras escritas en lingua galega segundo a normativa oficial. As novelas terán unha extensión mínima de 150 folios mecanografados ou escritos en ordenador (tamaño de fonte 12) a unha soa cara e a dous espazo, ou de 75 folios mecanografados ou escritos en ordenador (tamaño de fonte 12) a dúas caras e a Bous espazos. Adxuntaranse tamén en soporte informático. As obras presentadas terán que ser inéditas. De cada obra presentaranse cinco copias asinadas cun lema, en paquete sen remite, dirixido á concellería de cultura do Concello de Redondela, rúa Alfonso XII, 36.800 REDONDELA, facendo constar no exterior "Para o XXXIII Premio Blanco Amor". Nun sobre anexo, pechado e baixo o mesmo lema, indicaranse o nome e enderezo do autor ou autora e, de ser posible, o seu teléfono e enderezo electrónico.
- Convoca:
Concello de Redondela

Dotación: O premio estará dotado con 12.000 euros.
Máis información
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org