lg3
inicio» lg3»  criticas» Teatro 

CRÍTICAS SOBRE Teatro / 16

SOBRE O LIBRO "ANTíGONA. A CARTUXEIRA. NEURAS"
O motor verbal da consciencia
Nestas tres pezas teatrais de diferente rexistro dramático a palabra xera o contacto co mundo e inicia un compromiso que atinxe o pensamento, os criterios e as conviccións. Treitos dramáticos dun proxecto ético e político, fondamente comprometido co feminismo as tres pezas asentan na potencia que a autora lle confire á palabra, sobre todo cando se trata de teatro. En Antígona. A Cartuxeira. Neuras, o verbo é poder, desexo de cambio, subversión e consciencia.


SOBRE O LIBRO "UNHA PRIMAVERA PARA ALDARA"
Da novela ao teatro, a eterna primavera de Aldara
A obra galardonada co Premio de Teatro Rafael Dieste 2007 da Deputación da Coruña é un exemplo case paradigmático do “teatro para ler” tocado polo encanto da literatura de Teresa Moure canto á selección do tema e do punto de vista, sempre novidoso e mesmo provocador. Unha confrontación coa tradicional lectura e interpretación da Idade Media e unha reivindicación da muller como individuo independente capaz do amor máis romántico.


SOBRE O LIBRO "O SOñADOR"
A manipulación dos soños
Doce historias marcadas pola ironía, a poesía e a melancolía, que nos invitan a deixar que a nosa imaxinación, como un soño, camiñe no medio da escuridade como un personaxe máis nas mans dun marionetista. O arxentino Gabriel Castilla gañou con esta obra o I Premio Internacional Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques 2003 organizado polo IGAEM.


SOBRE O LIBRO "CRIO- XéNESE"
Sen espazo ou tempo
Afonso Becerra recupera neste texto as fórmulas inaugurais do chamado Teatro do Absurdo. Dúas personaxes conversan para escorrentar o silencio, matando literalmente o tempo, sabéndose extremos condenados a se complementar no fluxo do eterno retorno. Principio e final, Alfa e Omega, traxedia e comedia.


SOBRE O LIBRO "OCASO OTERO"
Render contas co pasado realmente
Manuel Guede recupera do esquecemento unha historia vital fascinante nesta obra, gañadora do XVº Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais de 2006. Deseñada en clave metateatral, o personaxe da Bella Otero enfróntase a un proceso de vinganza e reconciliación consigo mesma e co país que a viu nacer. A Bella Otero, a cortesá do mundo, unha das mulleres máis fermosas da Europa de entreguerras ante cuxos pés caeron rendidos os homes máis poderosos converténdoa á súa vez en poderosa, íspese na obra de Guede na imaxe dunha velliña cargada de conflitos.


SOBRE O LIBRO "LIMPEZA DE SANGUE"
Realismo sucio e sangue limpo
“Limpeza de sangue” non só é o libro que inaugura a Biblioteca Dramática Galega (en virtude do xa tradicional convenio entre o IGAEM e Xerais, continuadora dos anteriores Libros do CDG) senón que é, ademais, un texto dramático interesante, cheo de aspectos suxerentes. Iso, sen dúbida, foi o que o fixo merecedor do Premio Álvaro Cunqueiro en 2006.


SOBRE O LIBRO "BINOMIO DE NEWTON / GARCíA"
A lucidez das palabras
Nesta publicación inclúense dúas obras premiadas. "Binomio de Newton", gañadora do Premio Max no 2003, e "García", Premio María Casares ao Mellor Texto Orixinal.


SOBRE O LIBRO "FINAL DE PELíCULA"
Reformular o mundo nunha sala de butacas
Cunha homenaxe ao cine Pernas rompe a concepción tradicional do espectador invertendo os papeis de quén mira e quén é mirado nesta obra que é o seu mellor texto teatral e que recolle as principais liñas temáticas e estéticas do teatro deste autor. Esta obra obtivo o XII Premio de Teatro Rafael Dieste da Deputación da Coruña na convocatoria do ano 2005.


SOBRE O LIBRO "OS HOMES Só CONTAN ATé TRES"
Xogos na corda frouxa
Drama gañador do premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2004, conta a historia do deterioro dunha aparente harmonía entre dúas irmás rota pola entrada dun terceiro nas súas vidas. A peza, dividida en 28 escenas, foi estreada o 2 de decembro de 2005 pola compañía “A Factoría Teatro”.


SOBRE O LIBRO "TRES PEZAS TEATRAIS"
Tres doces de ficción
Este libro recolle as tres pezas teatrais que compartiron o Premio Estornela de Teatro para nenos e nenas que concedeu a Fundación Neira Vilas en 2004. “O ensaio”, “O porco que perdera a cabeza” e “Xoguetes”: tres doces de ficción para que os máis pequenos se atrevan a por os pés no universo do teatro, tres peciñas que nada teñen que ver agás na vontade de proporcionarlles mundos imaxinarios que converter en realidade.


SOBRE O LIBRO "O HEROE"
Resistencia e reinvención
A primeira peza teatral de Manuel Rivas, escrita con trazos de ironía e dureza, sitúanos nun presente recordado, entre un episodio histórico do franquismo e a contemporaneidade, para mergullarnos nunha subversión do concepto de heroe como culto ao guerreiro.


SOBRE O LIBRO "A CIENCIA DOS ANXOS"
Entre o exacto e o intanxible
A obra "A ciencia dos Anxos" da dramaturga e actriz coruñesa Inma António resultou premiada co galardón Rafael Dieste 2003 outorgado pola Deputación da Coruña. A obra de Inma António reflexiona sobre a ética no mundo científico como tema de fondo para unha historia de amor entre biólogos moleculares.


SOBRE O LIBRO "PASO DE CEBRA E SUCESOS"
Entre o humor negro e o cómico absurdo
Última entrega de Gustavo Pernas, unha das voces imprescindíbeis da escrita teatral contemporánea. Sempre atento ao pulso da sociedade actual, cos seus debates e as súas reflexións, Pernas amosa unha vez máis o seu espírito crítico cuns textos que procuran un diálogo directo co mundo real a través dunha ficción que non foxe da teatralidade, que procura ás claras certo distanciamento a través do humor e a través do absurdo que, sen dúbida, reivindica unha actitude activa.


SOBRE O LIBRO "HAI QUE CONFIAR NA ESPERANZA"
Confiar no Cunqueiro: a voz do debuxante
Comedia que obtivo o premio Álvaro Cunqueiro 2003, desenvólvese no seo da redacción do semanario satírico bonaerense Don Quijote, entre os anos 1890 e 1895, período politicamente convulso na Arxentina. A obra trata a cuestión das liberdades e da revolución desde unha perspectiva non presente no repertorio galego: o xornalismo da sátira política, o mundo dos debuxantes e caricaturistas daquela época.


SOBRE O LIBRO "RINOCERONTE"
O absurdo levado á crítica
A vida dunha pequena cidade vese perturbada pola insólita presenza dun rinoceronte ceibo que ameaza a morna paz cotiá. Inma López Silva celebra a edición en galego desta obra clásica do teatro do absurdo e fai unha reflexión chea de preguntas sobre a tradución.


SOBRE O LIBRO "EDIPO"
A madurez dun mito
No ano 1960 o escritor Manuel María creou esta obra en "tres anacos de tres tardes do mes de Novembro ou San Martiño”. A obra gañou o premio “Villar Ponte” do ‘Centro Gallego’ de Buenos Aires en 1961 pero co paso do tempo quedou esquecida, sen publicar nin representar. Agora a Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor recupera o texto orixinal no que o chairego recrea o mito grego desde a perspectiva do asoballamento franquista, cun Edipo rebelde ante o ditador. Andrea Álvarez afirma que o "Edipo" de Manuel María madurou coma as mazás no caixón dos vellos papeis.


CRÍTICAS POR XÉNERO


Acerca de Lg3
Que é LG3
Créditos
Correo
culturagalega.org | RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
25 Aniversario do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org