lg3 > Todos os libros > Fragmentos de Ulises, 1926 de James Joyce
FICHA DO LIBRO
Titulo.
Fragmentos de Ulises, 1926
Autor.
James Joyce
Tradución
Otero Pedrayo, Ramón
Ano de Publicación. 2003
Xénero. Clásicos
Editorial.
Galaxia
Coleccion. Illa nova
Número de pax. 92
ISBN. 84-8288-646-0
TITULO
Fragmentos de Ulises, 1926
Publicada en 1926, a tradución que Ramón Otero Pedrayo fixo destes Fragmentos do Ulises de James Joyce non só foi a primeira que se realizou en calquera das linguas peninsulares senón que representa a vontade de toda unha xeración literaria galega por vencellarse ao movemento anovador que naquelas datas se estaba a desenvolver na literatura do resto de Europa.
Alén de todos os seus valores literarios, esta tradución encarna a vocación de modernidade e universalidade que animou o espírito dunha época. Kerry Ann McKevitt, especialista da Universidade de Oxford, encargouse da súa contextualización pensando nos lectores de hoxe, amais de levar a cabo un estudo comparativo do orixinal inglés coas primeiras traducións galega e francesa.
A presente edición reproduce o texto de Ramón Otero Pedrayo conforme apareceu publicado no número 32 da revista Nós, con data do 15 de agosto de 1926. Agás correción de erros tipográficos ou de transcrición evidentes, respectamos tanto a ortografía coma as restantes características e solucións gráficas adoptadas por Otero Pedrayo naquela ocasión.
A tradución dos fragmentos da novela de James Joyce ten hoxe para as letras galegas un valor simbólico que transcende o puramente literario e filolóxico. Recollido por primeira vez nunlibro, o lector ten nas súas mans un texto emblemático, de aí a necesidade de o publicar tal e como apareceu en vida do seu tradutor, sen modificación ningunha, do mesmo xeito que se conservan aqueles testemuños do pasado que consideramos importantes para coñecer e salvagardar a nosa historia. Estes fragmentos son, pois, parte importante dese pasado, testemuño do traballo de toda unha xeración de escritores que se esforzaron por situar a literatura e a cultura galegas é par das do seu contorno.
[presentación editorial]

LG3- culturagalega.org
lg3 Información
Novas
Reportaxes
Documentos
Certames
Eventos
Recensións
Catálogo
Todos os libros
Ultimo mes
Autores
Editoriais
Extras
Lecturas
Ligazóns
Tertulias
Acerca de Lg3
Que é LG3
Créditos
Correo
 
culturagalega.org Información
Arquivo
Eventos
Especiais
Temas do dia
Zona Cultura
Fin de Semana
Axenda
Certames
Biblioteca
Zona Rss
Soportais
LG3 - Literatura
MeGA - Música
AVG - Cine
BD - Banda Deseñada
Interactividade
Propostas de temas
Boletins
Enviar actos
Enviar certames

Correo da redacción
Mapa do Sitio
Axuda
Nós
O equipo do portal
Aviso legal
Licenza de uso
 

Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org