lg3 > Todos os libros > Once máis 15 de Varios autores
FICHA DO LIBRO
Titulo.
Once máis 15
Autor.
Varios autores
Ano de Publicación. 2009
Xénero. Poesía
Editorial.
Edicións do Cumio
Coleccion.
Número de pax. 64 + CD
ISBN. 978-84-8289-270-2
Asociación MusicARTE
Extras do libro
 LECTURA
Once máis 15

TITULO
Once máis 15
Edicións do Cumio vén de publicar Once máis 15 un traballo que conxuga a poetas e músicos. Trátase dun libro con CD froito da unión entre once poetas galegos de todos os tempos e quince grupos da escena musical actual. Nesta suma, versos que van dende Rosalía e Curros ata Antón Lopo e Daniel Salgado convértense en cancións por virtude dun elenco variado de músicos no que conviven a electrónica, o pop, o rock de diversa inspiración e case todos os estilos imaxinables. O libro recolle as versións orixinais dos poemas, aquelas que serviron como punto de partida para as composicións dos músicos, así como as biografías dos autores. Por parte dos músicos, a edición aporta imaxes dos artistas e bandas ás que acompaña un texto de presentación de cada unha delas.
A iniciativa parte da asociación MusicARTE, e está coordinada polo músico Miguel Alonso. Nace coa intención de ser unha mostra do fecundo panorama musical que nos rodea e que, nesta ocasión -que non é a primeira para moitos destes músicos-, toma da man o xénero máis prolífico das nosas letras para recuperar ou recoñecer as súas palabras como unha parte fundamental da nosa bagaxe.
A música corre a cargo de zimmer103, Miguel Alonso, Ataque Escampe, Miguel A Suárez, Xurxo Mares, Fanny e Alexander, Anxo Rei, Roberto Sobrado e banda, Snail, Meiga do Norte, Julian Ross, David Taboada, Elanor, Fucoxabier e Nao. Os poemas escollidos pertencen a Alfonso Pexegueiro, Álvaro Cunqueiro, Antón Lopo, Celso Emilio Ferreiro, Daniel Salgado, Darío Xohán Cabana, Grupo Rompente, Luis Pimentel, Manuel Curros Enríquez, Manuel María, e Rosalía de Castro.

[Presentación editorial]

LG3- culturagalega.org
lg3 Información
Novas
Reportaxes
Documentos
Certames
Eventos
Recensións
Catálogo
Todos os libros
Ultimo mes
Autores
Editoriais
Extras
Lecturas
Ligazóns
Tertulias
Acerca de Lg3
Que é LG3
Créditos
Correo
 
culturagalega.org Información
Arquivo
Eventos
Especiais
Temas do dia
Zona Cultura
Fin de Semana
Axenda
Certames
Biblioteca
Zona Rss
Soportais
LG3 - Literatura
MeGA - Música
AVG - Cine
BD - Banda Deseñada
Interactividade
Propostas de temas
Boletins
Enviar actos
Enviar certames

Correo da redacción
Mapa do Sitio
Axuda
Nós
O equipo do portal
Aviso legal
Licenza de uso
 

Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org