lg3 > Todos os libros > Os ausentes de Casteltón de Jacobo Barros López
FICHA DO LIBRO
Titulo.
Os ausentes de Casteltón
Autor.
Jacobo Barros López
Ano de Publicación. 2005
Xénero. Narrativa
Editorial.
Sotelo Blanco
Coleccion. Medusa
Número de pax. 378
ISBN. 84-7824-479-4
TITULO
Os ausentes de Casteltón
Esta novela retrata a vida dos mariñeiros galegos no Gran Sol, un mundo que só podía describir con autenticidade quen fora testemuña directa dos avatares do oficio tras compartir moitas mareas coas tripulacións de barcos de pesca galegos. Páxina a páxina, Jacobo Barros vai describindo as duras condicións de vida neste microcosmos, un mundo tremendamente reducido e pechado, poboado por personaxes que fluctúan entre o sentimento de derrota e a loita diaria por sobrevivir. A camaradería, a heroicidade dunha vida no límite, no gume sempre da supervivencia, son obxecto do interese do autor, que rende homenaxe aos mariñeiros galegos, os eternos ausentes, uns seres esquecidos polo mundo e conscientes do seu abandono.
Os ausentes de Casteltón é froito da estreita relación do autor co mar, unha ollada realista e ao mesmo tempo cargada de sensibilidade e humor sobre o mundo da pesca en Galicia. Os temporais incesantes que fan dos barcos pesqueiros xoguetes no mar e as esgotadoras xornadas de traballo, prolongadas de maneira interminable pola progresiva falta de peixe, volven o día e a noite unha vixilia ininterrompida que fai dos homes a bordo “… sen a mínima queixa audible, unha tripulación de xestos autómatas intimamente aprendidos como o bater das ás para un insecto…”.
Esta historia viva está narrada na fala dos mariñeiros galegos do Gran Sol; unha lingua chea de gheadas, seseante e musical, mesturada de neoloxismos e xiros propios do oficio que fan deste un vehículo de expresión totalmente xenuíno. É nesa lingua onde a nostalxia da casa, das mulleres, a dificil convivencia e a tenrura ás veces acadan a súa mellor expresión, unha lingua que seguirá viva mentras haxa peixes no mar.
[Presentación editorial]

LG3- culturagalega.org
lg3 Información
Novas
Reportaxes
Documentos
Certames
Eventos
Recensións
Catálogo
Todos os libros
Ultimo mes
Autores
Editoriais
Extras
Lecturas
Ligazóns
Tertulias
Acerca de Lg3
Que é LG3
Créditos
Correo
 
culturagalega.org Información
Arquivo
Eventos
Especiais
Temas do dia
Zona Cultura
Fin de Semana
Axenda
Certames
Biblioteca
Zona Rss
Soportais
LG3 - Literatura
MeGA - Música
AVG - Cine
BD - Banda Deseñada
Interactividade
Propostas de temas
Boletins
Enviar actos
Enviar certames

Correo da redacción
Mapa do Sitio
Axuda
Nós
O equipo do portal
Aviso legal
Licenza de uso
 

Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org