Ir ao contido directamente.


Axenda

xul 4

EXTREMODURO + DOCTOR DESEO en xira

Rock | Santiago / Lugo

O agardado retorno aos escenarios de unha das bandas máis influíntes do rock nacional chega, aínda que atrasado por unha enfermidade, ás cidades de Lugo e Santiago de Compostela (no Sar, ás 21:30 horas). A xira ven acompañada por un novo traballo do grupo.

xul 4

Obrint pas + Boom Club + Humble + Os Tres Trebóns no Parque da Cachada

Miscelánea | Boiro, ás 23:00 h.

Dentro do festival "Mostra das Culturas". Entrada de balde.

xul 5

Actividades infantís e de lecer no Ciclo de Músicas portuarias

Miscelánea | Ferrol, 5 de xullo

A Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque presenta a organización do Ciclo de Músicas Portuarias promovido polo Concello de Ferrol que terá entre Xuño e Xullo e ao longo dun mes, unha serie de concertos e actividades ao redor do concepto de música e os portos. Un cartaz de grupos de nivel internacional e dimensión oceánica. O sábado 5 de xullo hai as seguintes actividades: Espectáculo musical infantil con Stranniki e Manolo Panferreteiro e paseos en lancha pola ría de Ferrol con música ao vivo.

xul 5

Pasarrúas, e Teatro no Auditorio

| Vilagarcía de Arousa, ás 18:30 e 22:30 horas respectivamente

En Vilagarcía de Arousa actuarán dous grupos de pasarrúas tradicionais, os Alegres e Froito Novo. Será entre ás 18:30 e as 21:00 horas do sábado 5 de xullo. Ás 22:30 horas, na rúa Elpidio Villaverde, xunto ao Auditorio, representarase o espectáculo de música e danza “O Camiño”, no que se escenifica a simboloxía dos camiños xacobeos.

xul 5

JIT + SORKUM + SERPAH + GECKO TURNER no Chan De Arquiña

Miscelánea | Moaña, a partir das 22:30 horas

O fin de semana do 4 e 5 de xullo ten lugar a quinta edición do Festichan 2008 nos montes de Chan De Arquiña (Moaña, Pontevedra). O evento é gratuíto. As actuacións comezan sobre as 22:30 horas. O sábado 5 de xullo actúan Jit (gañadores do cocurso de maquetas Festichán 08), Sorkum, Serpah e Gecko Turner. Ao finalizar as actuacións haberá sesión de DJ. A zona de acampamento abrirase ao público xa o xoves ás 12 da noite.

xul 5

Javier Molina & The Jackelberrys no Pub Outótono

Rock | Ponteareas, ás 00:30 horas

O sábado 5 de xullo de 2008 ás 00:30 horas (noite do sábado ao domingo) tocan Javier Molina & The Jackelberrys no Pub Outótono de Ponteareas. A entrada é libre. O estilo é rock clásico americano con temas propios e versións (Rolling Stones, Bruce Springsteen, The Band, Bob Dylan, etc).

xul 5

XULIÁN FREIRE TRIO no Rock and Roll

Rock | A Coruña, ás 22:30 horas

Blues ao vivo con Xulián Freire (voz e guitarra), Palmiro Villa (baixo) e Jose Ocampo (batería). Tocan o sábado 5 de xullo no Rock and Roll Bar (Pasadizo do Orzán 5, A Coruña). A entrada custa tres euros.

xul 5

Kogito + O Sonoro Maxín + Balacandra + Pradairo en Naraío

Rock | San Sadurniño, ás 22:00 horas

Concerto de Kogito, banda galega de ska, con outros tres grupos, no Festival do Río Castro en Naraío (San Sadurniño). É o día 5 de xullo a partir das 22:00 horas. A entrada é de balde.

xul 5

DANIEL SPILLER na Telleira

Rock | Olveira, ás 22:30 horas

O galego residente en Inglaterra Daniel Mouriño toca co cantautor británico Daniel Spiller. Esta fin de semana actúan con The Broken Record Project. Son tres citas en Galicia: Venres en Ribeira, sábado en Olveira e domingo en Boiro. O seu estilo abrangue varias influencias, desde o rock, acústico, folk e pop. O sábado 5 de xullo actúan na Telleira, en Sirves (Olveira, A Coruña). Comezan por volta das 22:30 horas.

xul 5

Sergio Tannus na Praza do Concello

Cantautor | O Porriño, ás 22:30 horas

O sábado 5 de xullo actúa o brasileiro Sergio Tannus, ás 22:30 horas na Praza do Concello do Porriño, co gallo do ciclo de cantautores promovido polo municipio.

xul 5

Mr WHIZ + TOXIC PATROL na Fábrica de Chocolate

Rock | Vigo, ás 22:30 horas

O sábado 5 de xullo ás 22:30 horas tocan Mr Whiz e Toxic Patrol en La Fábrica de Chocolate Club (rúa Rogelio Abalde nº22). A entrada custa cinco euros.

xul 5

Banda Bassoti + Bob da Rage + Sense Nao + Supersanwich no Parque da Cachada

Miscelánea | Boiro, ás 22.30 h.

Dentro da "Mostra das Culturas". Entrada de balde.

xul 5

SÉCULO XX no Salón Teatro

Clásica | Santiago, ás 12:30 h.

A “Historia do Soldado de Stravinski”, a cargo do grupo instrumental Século XX, dirixido por Florian Vlashi e narrado por Evaristo Calvo.

xul 6

XABARÍN CLUB no Malecón

Rock | Ribeira, ás 22:00 horas

En Ribeira o domingo 6 de xullo, ás 22:00 horas, no Malecón, actuación do Xabarín Club. O Xabarín interpretará as populares cancións das series televisivas emitidas pola TVG. Acompañarano Josito Porto e Ánxeles Lago, en canto Manolo Romón canta e presenta. O espectáculo complétase con sketchs humorísticos e xogos malabares a cargo de tres artistas circenses.

xul 6

Banda de S.Miguel de Oia, na Praza do Castro

| Vilanova de Arousa, ás 13:00 horas

A banda de música de San Miguel de Oia interpretará o seu repertorio na Praza do Castro, ás 13:00 horas do domingo 6 de xullo.

xul 6

XOSÉ MANUEL BUDIÑO na Praia da Compostela.

Folk | Vilagarcía de Arousa, ás 22:30 horas

Coa chegada do verán, o gaiteiro Xosé Manuel Budiño volta á música ao vivo. O domingo 6 de xullo ás 22:30 horas toca na Praia da Compostela de Vilagarcía de Arousa.

xul 6

DANIEL SPILLER na Pub Ese

Rock | Boiro, ás 00:30 horas

O galego residente en Inglaterra Daniel Mouriño toca co cantautor británico Daniel Spiller. Esta fin de semana actúan con The Broken Record Project. Son tres citas en Galicia: Venres en Ribeira, sábado en Olveira e domingo en Boiro. O seu estilo abrangue varias influencias, desde o rock, acústico, folk e pop. O domingo 6 de xullo actúan no Pub Ese, na rúa Pablo Iglesias nº14 de Boiro (A Coruña). O concerto é a partir das doce e media da noite, despois dos fogos de artificio das festas de Boiro.

xul 7

Soig Siberil e Nolwenn Korbell na Casa das Crechas

Folk | Compostela, ás 22 h.

Un dúo colorista e auténtico posto ao servizo dunha lingua bretoa que fala dende o corazón e a imaxinación. Nolwenn Korbell fala da vida, do amor, de paixóns, a través das súas cancións, ás que lles transmite o swing da súa lingua. A complicidade é total con Soïg Sibéril e a súa "guitarra máxica", pois comparte con Nolwenn o seu gusto por unha musica bretoa aberta. Veñen de publicar cadanseu disco no selo Coop-Breizh, Nolwenn o álbum Bemdez c'houlou e Soïg o álbum Lammat. Red, o novo álbum do dúo, vén de saír e xa foi unanimemente celebrado pola crítica musical.

xul 8

ENSEMBLE s21 no Paraninfo da USC

Clásica | Santiago, ás 20:30 h.

A cargo do grupo Ensemble s21, “Visións da contemporaneidade: vinte anos de música galega”. Dirixe Jorge Berdullas del Río e presenta Pazo Yáñez. Será no Paraninfo da Universidade (facultade de Xeografía e Historia)

xul 11

MÍSIA no Cico de Músicas Portuarias

Melódica | Ferrol, 11 de xullo

A Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque presenta a organización do Ciclo de Músicas Portuarias promovido polo Concello de Ferrol que terá entre Xuño e Xullo e ao longo dun mes, unha serie de concertos e actividades ao redor do concepto de música e os portos. Un cartaz de grupos de nivel internacional e dimensión oceánica. Mísia toca o venres 11 de xullo.

xul 12

LUÍS SOTO e DIEGO GARCÍA na Igrexa da Universidade

Clásica | Santiago, ás 12:30 h.

O frauta Luís Soto e Diego García ao piano interpretarán música para estes instrumentos dos compositores galegos Pereiro, Balboa, González, Durán, Vázquez Casas e Groba.

xul 17

S@X21 no Salón Teatro

Clásica | Santiago, ás 12:30 h.

Xoves, 17 de xullo, ás 21.00 h. no Salón Teatro, o cuarteto de saxofóns S@X21 interpretará o repertorio “Ecos, murmurios... e outras bagatelas.”

xul 20

Javier Molina & The Jackelberrys na Alameda de Bouzas

Rock | Bouzas (Vigo), ás 01:30 horas

Actuación de Javier Molina & The Jackelberrys o domingo 20 de xullo de 2008 ás 01:30 horas (noite dos Fogos de Bouzas), na Alameda Suárez Llanos (Alameda de Bouzas, Vigo). O acceso libre. O estilo é rock clásico americano con temas propios e versións (Rolling Stones, Bruce Springsteen, The Band, Bob Dylan, etc).

xul 22

PEREZA en Castrelos

Rock | Vigo, ás 22:30 horas

A banda de pop-rock española toca en Vigo.

xul 25

Fiadeiro popular na Pereira

Folk | Bande, ás 19:30 horas

I edición de Bonso´08, fiadeiro do día do Apóstolo en Pereira (Bande). O 25 de xullo a partir das 19:30 horas haberá pandereteiras, gaiteiros, baile, degustación de prudutos da zona e demais sorpresas. Organiza a asociación cultural “Pereira Adiante”. Aconséllase vestimenta de época típica do folclore, gañas de pasalo ben e promocionar a cultura popular galega.

-->