Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Magín Blanco presenta o seu novo disco en solitario

CANCIóNS DA REALIDADE

Magín Blanco presenta o seu novo disco en solitario

CANTAUTOR | setembro 24, 2007

not_10683.jpg

O músico rués Magín Blanco está a vivir una segunda xuventude artística. Despois de dez anos sen gravar o ano pasado sacou o disco “Ella” (PAI, 2006), este ano participou cunha canción no concurso A polo Ghit! e agora presenta un novo álbum en solitario “Realidad” (PAI). Case sen pausa despois de “Ella” Magín volveu entrar nos estudios Casa de Tolos para sacar este traballo que presentou o pasado sábado nas instalacións da Fnac na Coruña. “Realidad”, está tecido cunha colección de cancións, a medio camiño entre a música de autor e o pop, seguindo a liña intimista iniciada no seu primeiro disco, pero cunhas cancións mais vitalistas e coidadosamente arranxadas. Magín gravou os seus primeiros temas en 1987 con outras formacións e en 1988 tivo o seu primeiro disco propio “La Rosa” (Edigal).

Magín Blanco - realidad
VIDEO | Realidad
VIDEO | Hielo sobre hielo
AUDIO | 30 SEGUNDOS
Revelación
AUDIO | 30 SEGUNDOS
La Fiesta
datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer