Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O Mc vigués Pániko sae a tomar as rúas co seu primeiro disco en solitario
O Mc vigués Pániko sae a tomar as rúas co seu primeiro disco en solitario
outubro 10, 2008
Na escena hip-hop do país preséntase estes días o primeiro disco en solitario de Juan Rafael Díez “Pániko” , o Mc de Vigo que xa formara parte a mediados dos noventa do grupo La Familia xunto a outros como El Puto Coke ou El Pillo Astuto. O disco Pániko en las calles é tamén a primeira produción discográfica editada integramente por Renegade Prods, selo do francés afincado en Galicia Alain Mani, “Albendy”. Neste disco que xa pode atoparse nas tendas viguesas e mercarse a través de iTunes e Nimbit, Pániko presenta quince cortes de rimas contundentes e profundas contando coas colaboracións de djs como Dj Anthony, Dj Limbo, ou Dj Jooz e mcs como El Pillo Astuto, Drama, Xoco Suizo, Rass Canelow. O disco do veterano rapeiro comezará a escoitarse en directo este sábado na Sala Universidad de Ponferrada e o día 18 no Fifty Fifty Club de Pontevedra.
Tamén che pode interesar:
- 5/ 1/ 2012 | Anubis Metal Jack publica Nuevo Testamento
- 8/ 7/ 2009 | A revista Rockzone distribúe o terceiro disco de Aphonnic
- 25/ 5/ 2009 | Fasero presenta o seu terceiro disco en solitario
- 24/ 11/ 2008 | O disco en solitario de Roi Casal sae á venda hoxe
- 5/ 6/ 2008 | Marcos Teira presenta Alí, o seu novo disco en solitario
Noutros medios e fontes de información:
(Este é un proceso automático. Saber máis)- 4/ 3/ 2011 | Tomando té con Nicolás
- 9/ 3/ 2011 | Peter Doherty presenta su disco en España
- 16/ 2/ 2011 | O festival Sinsal regresa ao Salón Teatro cun concerto de Laetitia Sadier
- 9/ 3/ 2011 | Roi Casal vuelve a cautivar con su 'Maxicamente vello'
- 9/ 3/ 2011 | "Separeime de Milladoiro por honestidade"


