Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Quant enchen de cores e idiomas o seu primeiro disco longo

NEW ADVENTURES IN FULL COLOUR EDíTASE EN CD E TAMéN PODE DESCARGARSE EN A REGUEIFA PLATAFORMA

Quant enchen de cores e idiomas o seu primeiro disco longo

POP | marzo 9, 2009

not_14239.jpg

Con catorce cancións e tres videoclips aparece o primeiro longa duración dos ferroláns Quant, que poderá mercárselles directamente a eles (5 euros máis gastos de envío) ou descargalo de balde a través da plataforma A Regueifa. Segundo informa o magazine SONO-TONE, o disco New Adventures in full colour(2009) agrupa temas xa coñecidos a través de anteriores EPs, agora re-gravados e re-masterizados, xunto con temas novos. No disco do cuarteto hai 10 temas cantados en inglés, un en francés, un en galego e dous en castelán. Todas as cancións compostas enteiramente por OscarQuant agás a que abre o disco Hey, mrDJ, please,Drop the neddle!!!! (música: Alberto, letra: Óscar) e Looking for the magic por Dwight Twilley. Como xa é marca dos Quant o son segue o estilo surfeiro da onda sixties. O disco sae á venda comercialmente en formato CD baixo licenza Copyleft no que inclúen os tres videoclips que teñen realizado ata agora.

VIDEO | Quant - Ta liste des amitiés brisès
AUDIO | CANCIóN COMPLETA
Flavour of the month Licenza
AUDIO | CANCIóN COMPLETA
Ninguén parece escoitar Licenza
AUDIO | CANCIóN COMPLETA
Sabes guardar un secreto? Licenza
AUDIO | CANCIóN COMPLETA
Hey, Mr. DJ please, drop the needle! Licenza
datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer