Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Sae á venda a BSO composta por Sergio Moure para “Un bo home”

O COMPOSITOR GRAVOU A MúSICA COA OSG NA CORUñA

Sae á venda a BSO composta por Sergio Moure para “Un bo home”

BSO | xullo 20, 2009

not_15122.jpg

A banda sonora orixinal composta polo coruñés Sergio Moure de Oteyza para a longametraxe "Un bo home", ven de saír á venda en CD, editada por JMB/Karonte. A música foi gravada na Coruña coa colaboración da Orquestra Sinfónica de Galicia. Moure ten unha importante traxectoria como compositor para o audiovisual conseguindo candidaturas aso premios Goya e Mestre Mateo par algúns dos seus traballos. Moure tamén fai labores como profesor participando nos Master de Produción Audiovisual da Universidade da Coruña e dirixiu os Seminarios de composición de música de cine da Coruña 2006-2007, organizados pola Deputación provincial e a Fundación Paideia. O pasado 13 de marzo foi a estrea absoluta do seu Concerto nº 1 Admónitum, pola Orquestra Sinfónica de Galicia dirixida por Víctor Pablo Pérez no Palacio da Opera da Coruña. “Un bo home” é unha produción audiovisual con participación galega a través de Milou Films, dirixido por Juan Martínez Moreno o filme estreouse a finais de abril. O compositor está traballando arestora na longametraxe "Retornos", dirixida por Luis Avilés.

datos do disco
Relacionadas

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer