Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / o hip-hop de Mafia Galega representará ao galego no festival Liet Internacional

A LIGA NACIONAL DE BILLARDA IMPULSOU A REPRESENTACIóN DO GALEGO NO FESTIVAL

o hip-hop de Mafia Galega representará ao galego no festival Liet Internacional

HIP-HOP | outubro 5, 2010

not_17592.jpg

Será por iniciativa dunha entidade deportiva non institucional -A Liga Nacional de Billarda (LNB)- que a lingua galega estea presente no Liet Internacional, o festival europeo das linguas minorizadas a través do hip-hop do grupo Mafia Galega. Nun momento no que ningunha entidade nin institución promoveu a presenza do galego neste festival musical para as linguas sen estado, a LNB presentou a candidatura do grupo co tema Billarda sempre, o himno da Liga Nacional de Billarda, con letra do poeta Xabier Cordal e música de Paco. O tema foi un dos cinco elixidos por un xurado internacional entre as 46 candidaturas. O 27 de novembro en Lorient (Bretaña) será unha das 11 finalistas deste certame. Esta será a cuarta ocasión que a lingua galega estea presente no Liet Internacional, despois de Uxía (2004), Narf (2006) e Boy Elliott & The Plastic Bags (2008). Por primeira vez a representación correrá a cargo dun grupo nacido na diáspora, en concreto na centroeuropea. En Xenebra (Suíza) o lugués Paco compón e canta na nosa lingua co seu grupo Mafia Galega.

AUDIO | CANCIóN COMPLETA
Billarda Sempre - Mafia Galega

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer