Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O disco coa banda sonora de Retornos está xa nas tendas

O CORUñéS SERGIO MOURE ASINA GRANDE PARTE DA MúSICA ORIXINAL

O disco coa banda sonora de Retornos está xa nas tendas

BSO | novembro 8, 2010

not_17819.jpg

O compositor Sergio Moure segue engadindo á súa carreira novas obras para a cinematografía coa banda sonora que asina para a película Retornos. A música composta para o filme dirixido por Luís Avilés Baquero xa está nas tendas, editado como xa é habitual polo selo Karonte. Nesta gravación o propio Moure toca varios instrumentos de corda como as guitarra acústica e eléctrica, mandolinas, guitarra portuguesa, así como o piano. A película producida por Vaca Films estreouse en cines o pasado 29 de outubro coincidindo coa saída ao mercado deste novo disco de Sergio Moure. O compositor coruñés xa asinou anteriormente outras bandas sonoros como as das películas Inconscientes, Cargo ou Un buen hombre e tamén asina a da película Secuestrados (2010) pendente aínda de estrea. O disco conta tamén con música adicional de Diego Lipnizki.

AUDIO
5M2 - Sergio Moure BSO "Retornos"
datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer