Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Rimar os títeres

O PROXECTO TíTEREHOP MESTURA MONICREQUES E RAP EN GALEGO

Rimar os títeres

HIP-HOP | abril 18, 2012

imaxe non dispoñible

Ensinar a facer rap e a construír e manexar monicreques. Esta é a proposta do proxecto Titirihop, que aúna as forzas da compañía Viravolta coas de García, voz de Dios Ke Te Crew. O proxecto está a percorrer Galicia da man do programa FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Xa se poden consultar na rede algunhas das pezas que saíron destes obradoiros.

Segundo explica Anxo García, de Viravolta, "a iniciativa vai dirixida a rapaces de entre 13 e 17 anos. Consiste nun obradoiro no que García explica a historia do hip hop e cómo se poden facer rimas máis ou menos sinxelas". A continuación os participantes constrúen marionetas pensadas especificamente para representar cancións, e para rematar, interpretan con elas os seus temas ante unha cámara.

García recoñece que "nas idades ás que están dirixida esta actividades hai unha certa prevención ante as marionetas, porque consideran que é algo infantil, pero a actividade está a funcionar máis ou menos como agardabamos, e os resultados están á vista na rede". O proxecto continúa a súa xira por Galicia por Lalín, Bertamiráns e Vilalba os vindeiros 20, 21, e 22 de abril.

VIDEO
Pillaron un feixe de peixes…, Titerehop en Cambados

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer