Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O ciclo Espazos Sonoros continúa a súa andaina

SELDOM SENE INICIA DOMINGO EN CAMBRE OS CONCERTOS DA ACTIVIDADE NA PROVINCIA DA CORUñA

O ciclo Espazos Sonoros continúa a súa andaina

ANTIGA | setembro 13, 2012

imaxe non dispoñible

Logo da inauguración o pasado día 8 co concerto da violagambista Sara Ruiz na Reitoral de Gundivós, en Sober, o Ciclo Espazos Sonoros chega á Coruña. O quinteto de flauta Seldom Sene achegará este domingo os seus sons á igrexa de Santa María de Cambre, no segundo dos 12 recitais que fan parte do ciclo e que terán, como é habitual, espazos monumentais como escenario. San Martiño Pinario en Compostela, Santa María a Nova de Noia, o Museo Massó de Bueu ou o Ateneo de Ourense son algúns dos espazos do ciclo, que conta coa presenza de destacados intérpretes de música antiga como Iván Abal e Marisol Mendive, Charo Pita e Javier Fernández, Ulobit, Germán Díaz, Valadarestiada ou o Grupo de Música Antiga 1500.

MULTIMEDIA
Vídeo de presentación de Espazos sonoros
DOCUMENTO

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer