Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Nico Casal recibe un premio pola música dun vídeo promocional sobre o MAC

OS JERRY GOLDSMITH PREMIAN AS COMPOSICIóNS MUSICAIS EN OITO CATEGORíAS

Nico Casal recibe un premio pola música dun vídeo promocional sobre o MAC

BSO | xullo 10, 2013

imaxe non dispoñible

Son uns premios modestos que naceron co obxectivo de promover aos creadores novos. Toman o seu nome do coñecido e popular compositor de bandas sonoras, Jerry Goldsmisth, autor de bandas sonoras como O planeta dos Simios, Chinatown, Alien ou La profecía entre moitos outros. Con compositores chegados de todo o mundo, este ano hai no palmarés deste certame un compostelán, o pianista e compositor Nico Casal que recibe o premio na categoría de Vídeo Promocional. A música composta para dar a coñecer o Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa, o MAC (antes coñecido como Macuf) deulle este galardón. Os premios concedéronse nunha gala celebrada en Córdoba a semana pasada.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer