Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / A segunda edición de No Bico un cantar homenaxeará a Curros Enríquez

O CONSELLO DA CULTURA PROMOVE UN CONCERTO QUE XUNTARá 500 NENOS CANTORES EN CELANOVA

A segunda edición de No Bico un cantar homenaxeará a Curros Enríquez

CORAL | marzo 12, 2014

imaxe non dispoñible

“O que se aprende cantando non se esquece máis” apuntaba Maximino Zumalave, coordinador da Sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura e director do concerto que Leva por título No bico un cantar. É a segunda edición deste proxecto promovido polo Consello da Cultura Galega coa colaboración da Consellaría de Cultura e Vegalsa Eroski que consiste nun recital de 500 nenos de conservatorios e escolas de música para cantar poemas de Curros Enríquez con música de autores contemporáneos. “O éxito da iniciativa foi testado en 2013 e este ano terá outro formato” explicaba Ramón Villares, presidente do CCG, para referirse a este proxecto que xunta poesía, música e mocidade. A cita terá lugar o 6 de xuño en Celanova.

O concerto será dirixido por Maximino Zumalave, quen destacou o valor desta actividade para achegar o noso patrimonio cultural aos máis novos. Nese sentido, quixo destacar que "en pouco tempo teremos un repertorio preparado ao alcance de todos os coros de Galicia". Rosario Álvarez, a vicepresidenta do Consello, é a encargada do aspecto literario deste concerto que tivo a súa primeira edición en 2013. Daquela, aproveitando o Ano Rosalía (cumpríanse 150 anos da publicación de Cantares Gallegos), 500 nenos cantaron versos da poeta nun concerto celebrado en San Domingos de Bonaval.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer