Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / O Festival Músicas Contemplativas xunta o barroco co contemporáneo en espazos singulares

A CITA CUMPRE OITO EDICIóNS SENDO UNHA DAS APOSTAS MáIS IMPORTANTES DA SEMANA SANTA

O Festival Músicas Contemplativas xunta o barroco co contemporáneo en espazos singulares

ANTIGA | marzo 26, 2014

imaxe non dispoñible

Comezou sendo un pretexto para dar a coñecer ao público o patrimonio rehabilitado polo Consorcio de Santiago, e acabou por converterse nunha das actividades estrela da Semana Santa de Compostela. Falamos do Festival Músicas Contemplativas que este ano suma no seu programa á Real Filharmonía de Galicia. Onte presentouse a relación de asistentes deste encontro que ofrecerá 16 concertos en espazos singulares da cidade compostelá. Nesta ocasión, inclúense propostas como un recital de shakuhachi, unha frauta de bambú xaponesa, con obras da tradición dos monxes budistas Zen; unha mostra da poesía sagrada na música de Kabul e un concerto de piano con obras de autores xaponeses contemporáneos. Ademais, o barroco volve estar presente na programación a través de varias apostas, entre as que destaca a primeira colaboración entre a Escolanía da Catedral "Ángeles de Compostela" e o conxunto de música antiga Resonet.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer