Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O Real Coro Toxos e Froles publica o disco do seu centenario

100 ANOS REPASA CATORCE TEMAS DA SúA LONGA HISTORIA

O Real Coro Toxos e Froles publica o disco do seu centenario

CORAL | maio 30, 2014

100anos_toxos_e_froles.jpg

Un repaso polos temas que marcaron a súa historia é a primeira proposta que fai o Real Coro Toxos e Froles de Ferrol para conmemorar o centenario que cumpre en 2015. 100 anos achega 14 temas entre so que se atopan clásicos de Pascual Veiga ou Juan Montes ou as foliadas de Comba, de Corrubedo e de Cortegada, as pandeiradas de Lamas e do Grobe, ou cancións como Lonxe da terriña, Ferrolada e San Benitiño, entre outras. O Teatro Jofre de Ferrol acolle mañá o concerto co que se inician as celebracións do centenario e que servirá de presentación do novo traballo. A partir das 22:30, a formación actuará acompañadao da Coral de Ruada de Ourense e do grupo de baile Cantigas e Agarimos, de Santiago de Compostela. O álbum, editado por PAI Música gravouse no estudio Casa de Tolos.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer