Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Arturo Rodríguez é Indomable

O MúSICO PRESENTA EN SOLITARIO INCONDICIONAL E IMPERFECTO

Arturo Rodríguez é Indomable

CANTAUTOR | xullo 14, 2016

incond_imperfecto_indomable.jpg

O músico Arturo Rodríguez faino todo. Voz, guitarra, bombo, harmónica e pandeireta compoñen o seu arsenal en Indomable, un proxecto unipersoal co que acaba de presentar o seu primeiro traballo. Incondicional e imperfecto achega oito temas de aires indie-folk acústico con ambientes naturais gravados e arranxos de piano da man de Sergio Delgado. Neste novo proxecto o creador afástase das súas experiencias en xéneros como a electrónica e do seu traballo como parte de El Cuerpo del Ritmo para se centrar en temas íntimos e melódicos, que gravou nos estudios Bruar da Coruña. Logo de presentar o disco no Playa Club da Coruña a finais do pasado mes de xuño, a xira está prevista a partir do vindeiro mes de setembro con paradas en Pontevedra, Laxe, Ferrol, Ourense, Vigo ou Baiona.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer