Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O festival multidisciplinar Música no Claustro volve dar brillo ao patrimonio tudense

A CATEDRAL DE TUI ACOLLERá O EVENTO ENTRE O 3 E O 7 DE AGOSTO

O festival multidisciplinar Música no Claustro volve dar brillo ao patrimonio tudense

ANTIGA | xullo 28, 2016

imaxe non dispoñible

Concertos, obradoiros de artesanía e visitas guiadas centran o programa da décimo segunda edición de ‘Música no Claustro’, que se desenvolverá do 3 ao 7 de agosto na catedral de Tui. Baixo o leimotiv “Fortalezas” e a dirección artística de Samuel Diz, ‘Música no Claustro’ ofrecerá diversos concertos de música clásica, antiga e jazz. No marco dun diálogo entre ambas as dúas beiras do Miño terá lugar a presentación en escena do pergamiño Vindel de Martín Códax. Xunto con outras formacións e músicos experimentados como o acordeonista serbio Nikola Tanaskovic e o Ernesto Aurignac Trío, tamén participarán no festival novas e novos intérpretes, que terán ocasión de dar a coñecer o seu talento grazas á colaboración da Escola e o Conservatorio Profesional de Música de Tui, a A.C. Galicia Fiddle, e o apoio das empresas Connecta Aloia e a editorial Dos Acordes.

Desde a perspectiva do estudo e difusión do patrimonio, ‘Música no Claustro’ pon o foco nesta edición na grana cochinilla, o pigmento natural chegado desde Nova España do que fala nos seus escritos frei Prudencio de Sandoval, bispo da catedral tudense entre 1608 e 1612. O festival centra a súa atención na intrahistoria da cor carmín e os seus usos relixiosos, artísticos e sociais desde o século XVI ata a actualidade. Para iso, ofrecerá unha xornada de coñecemento interdisciplinar co historiador mexicano Huemac Escalona, e desde o punto de vista artístico, a gaditana Irene Gómez interpretará unha escolma de obras para viola da gamba nunha viaxe ao mundo sonoro das Españas históricas.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer