Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Unha semana para facer protagonista á musica que acompaña imaxes

CATRO LOCALIDADES ACOLLERáN AS ACTIVIDADES DA PRIMEIRA EDICIóN DA SEMANA DAS MúSICAS DO AUDIOVISUAL

Unha semana para facer protagonista á musica que acompaña imaxes

BSO | setembro 14, 2016

imaxe non dispoñible

Na actividade organizada desde a Academia Galega do Audiovisual a música será a protagonista absoluta da película coa axuda da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) e da Fundación SGAE. Dous concertos a cargo da formación sinfónica en Ourense e Ferrol serán a actividade principal sobre a que xirará o programa da Semana das Músicas do Audiovisual que tamén inclúe paralelamente actividades educativas, charlas de compositores, unha Masterclass sobre dereito de autor das músicas no audiovisual e un obradoiro de iniciación á produción musical para o audiovisual que durará toda a semana e impartirase na sede da Fundación SGAE en Santiago. Deste xeito entre concertos e outras actividades catro son as cidades nas que se reparten as actividades do programa e nas que o evento acadou diversas colaboracións. Algunhas das actividades serán abertas ao público e outras como os concertos, o obradoiro e determinadas Masterclass serán de pago.

A semana comezará cun concerto inaugural da OSG de Grandes clásicos do Cine o venres 23 na Coruña. O concerto que a Sinfónica despois levará a Ferrol e Ourense estará conformado por 11 obras de compositores actuais, a metade deles galegos e moitos deles premiados co Goya, o Mestre Mateo ou con recoñecementos en festivais. Todos cooperaron activamente co evento e as cederon de balde a AGA con este fin e para o que eles mesmos enviaron as partituras. Así no concerto que se levará a Ferrol e Coruña os días 29 e 30 respectivamente poderanse escoitar obras de Sergio Moure (A Coruña, 1969), Manuel Riveiro (Catoira, 1974) e o propio Nani García na parte galega ou como Pascal Gaigne, ou Xavi Font, entre outros. Segundo asegurou en rolda de prensa o director artístico do evento, Nani García, e corroboraron representantes da Fundación SGAE, AGA e OSG, a Semana das Músicas do Audiovisual nace con ánimo de continuidade e ambición de crecemento por parte das entidades que a fan posible coa súa cooperación nas que está, ademais das xa mencionadas, os concellos da Coruña, Ourense e Ferrol e máis Musimagen, a Asociación de Compositores de Música para audiovisual.

DOCUMENTO

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer