Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Iván Ferreiro convídanos á súa Casa

O MúSICO VIGUéS PRESENTA HOXE O SEU NOVO áLBUM EN SOLITARIO

Iván Ferreiro convídanos á súa Casa

POP | outubro 28, 2016

ivan-ferreiro-casa.jpg

O sexto álbum en solitario de Iván Ferreiro aparece como resultado do ano sabático que colleu o músico vigués en 2015. Casa achega doce temas nos que o abandono e a exaltación da amizade teñen unha especial pegada. O músico explora novos ámbitos sonoros nun disco que conta con colaboracións de Amaro Ferreiro, Leiva, Pablo Novoa ou Nico Pastoriza a complementar o seu universo poético. Gravado a medias entre Gondomar e Barcelona, Ferreiro contou con Ricky Falkner para a produción do novo proxecto, que edita Warner Music. O álbum preséntase en edición especial, en dixipack e en formato LP, co extra do CD Todo lo demás.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer