Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Guadi Galego continúa a súa aposta pop con O mundo está parado

A TENDA COMPOSTELá TRISQUEL ACOLLE A PRESENTACIóN DO áLBUM ESTA TARDE

Guadi Galego continúa a súa aposta pop con O mundo está parado

POP | novembro 4, 2016

o_mundo_esta_parado_guadi_galego.jpg

A abandonar definitivamente os aires folk, Guadi Galego afonda na súa vertente máis pop con O mundo está parado. A intérprete achega no seu terceiro traballo seis temas propios, tres compostos por Carlos Abal e un de Pachi García, que repite com produtor. O resultado, un álbum cheo de sentimentos no que sobrancea a voz da artista, con rexistros que van do íntimo ao pop clásico e que apostan por un son máis sofisticado que en anteriores traballos. O álbum preséntase nunha tiraxe limitada de mil exemplares en formato LP cun CD incluído. Os cartafoles do disco inclúen cadansúa fotografía de Carlos Abal cunha colección de dez diferentes. Ademais, o álbum estará dispoñible en plataformas dixitais. Trisquel Artesanía acolle esta tarde, a partir das 20 horas, unha sesión de sinaturas deste proxecto.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer