Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Ialma saca hoxe á rúa o seu quinto disco, ‘Camiño’

O GRUPO DE PANDERETEIRAS GALEGO-BELGAS CONTAN NO áLBUM A SúA HISTORIA FAMILIAR DE EMIGRACIóN E EXILIO

Ialma saca hoxe á rúa o seu quinto disco, ‘Camiño’

FOLK | decembro 16, 2016

not_26950.jpg

Hoxe sae á rúa o quinto álbum do grupo de pandereteiras galego-belgas Ialma, titulado Camiño. Case vinte anos despois de comezar a xuntarse para cantar e cinco despois do anterior Simbiose (2011), volven de novo cun novo disco debaixo do brazo no que contan a súa historia e a das súas familias e no que queren facer unha homenaxe aos galegos e galegas da emigración. Camiño, que leva como subtítulo De Bruxelas a Santiago, é a historia da súa emigración e da dos seus pais, pero que segue a evolucionar "porque un camiño nunca se para", din. "É un camiño de loita, cultural, de diversidade, de descubrir e de contactar co público e coa xente doutras culturas. É un camiño que levamos percorrendo moitos anos e que cantamos a través das nosas cantigas". O novo disco tamén é un canto á diversidade: "Descubrirmos novas culturas musicais permítenos enriquecernos e coñecernos mellor", afirman, definindo así a evolución que fixo o grupo que contribuíu a perpetuar, renovar e facer evolucionar a música tradicional galega.

O traballo inclúe 13 temas, algúns tradicionais e outros de feitura ‘trad’ con letras contemporáneas, de autor, a cargo de Brais Fernández. Tamén inclúen un tema en italiano e outro dedicado aos refuxiados, que nos explica Marisol Palomo: "porque é o mesmo que a historia dos nosos pais e avós. A miña avoa veu cunha maleta metida no tren con tres fillos. É exactamente a mesma imaxe que vemos hoxe. Esa é a historia das catro de Ialma. Uns viñeron como mineiros, outros fuxiron da Guerra, outros foron fusilados, é como unha homenaxe á nosa historia e chamando a intentar cambiar o futuro". Nos concertos, entre tema e tema, Marisol Palomo vai narrando as historias das súas familias a través dun diálogo entre nena e avoa. Ialma son Verónica Codesal, Magali Menéndez, Natalia Codesal e Marisol Palomo. Nos directos contan tamén con Didier Laloy ao acordeón diatónico e Quentin Dujardin na guitarra e dirección artística, que tamén é o responsable da produción e dos arranxos do disco. As Ialma xa levan amosando por Europa este novo disco, con concertos en Bélxica, Austria e Francia, e a partir de febreiro poderemos velas en Galicia e en España comezando o 24 de febreiro na Casa de Rosalía (Padrón).

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer