Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Os Carunchos presentan o seu sexto disco 'Cantares'

O QUINTETO PON MúSICA A VERSOS DE POETAS GALEGOS

Os Carunchos presentan o seu sexto disco 'Cantares'

FOLK | decembro 28, 2016

not_26986.jpg

Os Carunchos presentan este venres en Vincios, Gondomar, o que é o seu sexto traballo discográfico ao longo dos seus 22 anos de traxectoria, de título Cantares. Dezasete pezas conforman este disco editado co selo Inquedanzas Sonoras, con melodías cantadas arredor da poesía popular, letras propias e tamén musicando as poetas. Rosalía de Castro, Manuel María, Celso Emilio Ferreiro, Darío Xohán Cabana, Manolo Pipas e Carlos Fontes están presentes en temas deste traballo que segundo afirma o grupo nun comunicado, “quere ser humilde resposta, o pago ao inmenso amor á nosa cultura e lingua que estes e outros autores espallan en poemas.” Os Carunchos” presentarán en concerto o novo sexto disco o vindeiro 30 de decembro ás 21:00h, no Centro Cultural de Vincios (Gondomar). O grupo naceu a finais de 1994 coa idea de mesturar temas cantados co repertorio de gaiteiros solistas, conseguindo naquel momento unha formación nova e orixinal coa que Os Carunchos participan nos máis importantes festivais folk do país. O seu anterior traballo foi TI QUE? (PAI Música) en 2013, no que trataron temas de denuncia social de actualidade.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer