Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Linda Guilala presenta en Lugo Psiconáutica

O GRUPO ACABA DE LANZAR UN SINGLE E UN VíDEO DO SEU SEGUNDO áLBUM

Linda Guilala presenta en Lugo Psiconáutica

INDIE | xaneiro 13, 2017

psiconautica_linda_guilala.jpg

O Clavicémbalo de Lugo acolle esta noite o concerto de presentación de Psiconáutica, o segundo álbum da banda viguesa Linda Guilala. Logo de sete anos sen lanzar un LP, o novo traballo achega nada menos de vinte novos temas, máis da metade dos cales duran menos dun minuto. As guitarras e os muros de son manteñen o estilo do grupo na liña do shoegazing con que se deron a coñecer. Logo de que Elefant Records publicase o disco o pasado mes de outubro, o grupo aínda tivo tempo de lanzar o single e vídeo Accidente, no que inclúen unha versión do Sé Girasol de Silvania. O álbum gravouse no Kaiju Estudio de Vigo.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer