Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O festival A Candeloría xa ten cartel completo para a cuarta edición este febreiro

PáLIDA E BEACH BEACH SúMANSE AO CARTEL DO ESMORGA FEST PARA A SúA TERCEIRA EDICIóN EN MARZO

O festival A Candeloría xa ten cartel completo para a cuarta edición este febreiro

ROCK | xaneiro 23, 2017

imaxe non dispoñible

O festival A Candeloria dará o vindeiro 17 de febreiro inicio á tempada de festivais musicais. O evento que se celebrara os días 17 e 18 no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo celebrará a súa cuarta edición reunindo quince banda de rock entre as que hai maioría de propostas galegas pero tamén hai outras que veñen de Italia, Euskadi, Madrid ou Valencia. Á cabeza deste extenso cartel está, os italianos Talco, Soziedad Alkohólika e os valencianos Aspencat. Ruxe-Ruxe, Dakidarría os asturianos Desakato e os vascos Lendakaris Muertos compoñen a segunda liña. Oito bandas máis, ameirande delas galegas completan o programa que tentará reunír máis de catro milleiros de persoas eses días . O bono anticipado por 26 euros para os dous días xa está a venda en tendas físicas e na plataforma dixital entradasatualcance.com.

Xa para marzo e seguindo na provincia lucense, o festival independente de música alternativa Esmorga Fest, que celebrará a súa 3ª edición o día 11 dese mes en Sarria ven de anunciar máis incorporacións para o seu cartel que aínda non está pechado. Os mallorquinos Beach Beach e Pálida, o proxecto de electrónica bailable de Nelo, membro do colectivo Metamovida súmanse a Triángulo de Amor Bizarro, Nueva Vulcano, Paus, Equations, Músculo!, Aries e Atención Tsunami. As entradas anticipadas xa se poden adquirir en puntos de venda físicos na vila luguesa, no Adarve e no Xarope, a un prezo de tan só 12€, tamén se poden adquirir na web do Esmorga Fest.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer