Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Milesios continúa Indoevindo no seu novo traballo

A CASA DO SABER DE LUGO ACOLLE O CONCERTO DE PRESENTACIóN O VENRES 24 DE FEBREIRO

Milesios continúa Indoevindo no seu novo traballo

FOLK | febreiro 22, 2017

indoevindo_milesios.jpg

Catro anos despois daquel Alén mar, Milesios publica o seu segundo traballo discográfico. Indoevindo continúa a senda de mestura entre a música galega e irlandesa en once temas que beben das dúas tradicións e que integran sons tradicionais con composicións propias. O septeto formado por Maite Veiga, Marta Portela, Manuel María Veiga, Manuel do Moucheiro, Noelia Fersán, Paula Veiga e Senén Montero integra percusións, baixos, guitarra, batería, violíns gaitas, bouzouki, mandolina, acordeóns, bodhran e mesmo gadañas nuns arranxos complexos e coidados. Arturo Vaquero foi o responsable da gravación do álbum nos estudios Abrigueiro. O proxecto, autoeditado, ve a luz en formato libro-CD, nun volume con 52 páxinas e fotos orixinais de Daniel Díaz Trigo e que inclúe ademais unha paisaxe sonora e dúas músicas extras. A Casa do Saber en Lugo acolle este venres 24 de febreiro o concerto de presentacion.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer