Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Desde O Incio chega o novo disco de Vizcaíno

O CANTANTE E COMPOSITOR PRESENTA ESTES DíAS ‘DIáSPORA’ EN CONCERTO

Desde O Incio chega o novo disco de Vizcaíno

CANTAUTOR | abril 25, 2017

not_27410.jpg

Xabier Vizcaíno, cantante e compositor d´O Incio, que se presenta con nome artístico abreviado de Vizcaíno, ven de sacar o seu segundo disco. Diáspora é o nome deste novo traballo gravado en A Palleira estudios de O Incio que se presentaba o pasado día 9 na súa terra chica en Sarria, proximamente estará coa presentación en Monterroso o sábado 28 de abril, e no Liceo de Ourense o venres 5 de maio, á espera de máis datas por confirmar. Co seu primeiro disco Alas de papel (2014) Xabier mantivo unha intensa xira, que previamente comezará levando esas cancións súas por toda América Latina. O artista volve agora cun novo traballo de estudio con temas en galego e castelán, destacando cancións coidadas, con estilos rock, folk, pop e indie e con innumerábeis colaboracións, mesmo do outro lado do océano. Vizcaíno ofrece unha fórmula alquímica propia con sons mesturados que van do folk ao blues nunha fusión desenfada moi persoal que demostra funcionar, tanto no formato máis íntimo dos cantautores como acompañado de banda. O primeiro videoclip deste novo traballo, Serendipia, gravouse na súa Terra Brava de O Incio, onde o Embalse de Vilasouto en Eirexalba.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer