Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O festival Fa Ce La Fest de Lugo comeza esta semana a segunda edición

O CíRCULO DA ARTES SúMASE AOS ESPAZOS DESTE EVENTO DE MúSICA ALTERNATIVA

O festival Fa Ce La Fest de Lugo comeza esta semana a segunda edición

ALTERNATIVA | maio 16, 2017

imaxe non dispoñible

O festival urbano de música Fa Ce La Fest celebra este an o a súa segunda edición cambiando as súas datas radicalmente. Se o pasado ano a primeira cita deste evento tivo lugar en dous días de setembro este ano será esta mesma semana cando unha representación da música alternativa se poderá escoitar en varios escenarios e durante tres días. Un total de 14 grupos, de nivel internacional, nacional e galego, actuarán do 18 ao 20 de maio e o Círculo das Artes súmase este ano aos escenarios do Clavicémbalo, do Mercado Street Food e do Ho Gruf de Campo Castelo. Na rolda de prensa de presentación desta segunda edición o organizador do festival, Celes Muinelo apuntou a diferenza entre esta segunda edición coa anterior: "O ano pasado foi un festival pequeno, pero este é o momento de medrar e de seguir crecendo con grupos de calidade". Muinelo fixo un percorrido polas actuacións que forman o programa deste festival, destacando ao australiano Steve Smyth no que será o primeiro concerto que dará en Galicia; os franceses Willis Drummond e os portugueses Birds Are Indie. A representación galega correrá a cargo dos grupos Bala, Bulto, Puma Pumku e Esposa, mentres que completan o programa os lucenses Kimuru, dos máis consolidados e con maior afección en Lugo; GSI e Montelouro, con integrantes das xa extinguidas Isla Bikini e Holywater, que se estrea neste festival. O programa o completan coa representación nacional a cargo de Pablo Und Destruktion; os navarros Kokoshca e os zamoranos El Lado Oscuro de la broca; os madrileños Biznaga.

Outra das novidades desta segunda edición é a incorporación ao programa doutras actuacións culturais, como a do grupo de danza contemporánea 3monos, que ofrecerá o seu espectáculo no salón Regio o sábado 20, ás 12.45; a presentación do libro Todo tiene una historia, do ourensano Isaac Pedrouzo; e o humor musical a cargo dos xa coñecidos lucenses Lois Pérez e Anxo Manoel. A incorporación do salón Regio do Círculo das Artes ao evento foi comentada pola responsable de Comunicación do Círculo, Marga López Blanco que sinalou que "O Círculo sempre mantivo un papel importante a prol da cultura, pero esta xunta directiva considera necesario abrirnos a novas sensibilidades, para que o Círculo sexa un referente desta pluralidade, dunha forma innovadora e aperturista". Aínda se poden adquirir entradas e abonos, tanto para todo o festival, para un dos días ou para a actuación de danza de 3monos, en varios puntos de venta de toda Galicia, en ticketea.com, e nos establecementos Ho Gruf e no Mercado Street Food, de Lugo, con descontos para os socios do Círculo. Celes Muinelo sinalou que o crecemento desta segunda edición tamén se fixo patente no número de patrocinadores posto que "creemos que cada ano estase investindo máis no turismo asociado á cultura".


Fa Ce La Fest II por infofacela

Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer