Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Raiba xa ten na rúa o seu novo disco ‘Marxinación’

A BANDA DE METAL AMOSA NUN BREVE VíDEO O PROCESO DE GRAVACIóN DESTE CUARTO TRABALLO

Raiba xa ten na rúa o seu novo disco ‘Marxinación’

ROCK | maio 22, 2017

not_27505.jpg

En pouco máis dunha semana o grupo Raiba acadou o obxectivo que tiña de financiamento colectivo do seu cuarto disco autoeditado, o presentou ante os medios e en concerto na Sala Capitol de Santiago e comezou a súa distribución e por se pouco fose todo isto participou como finalista na gala dos Premios da Música Martín Códax. Marxinación, que ese é o nome deste traballo da banda de rock, xa está nas rúas e soando e deixando claro que a forza do rock metal máis visceral da banda segue a ser unha do seu sinais de identidade como banda. Despois de "Por Vivir" (2011), "Versos de Revolta" (2014) e "Historias na Pel" (2016) a formación meteuse este ano en Pousada Sons Studios (Ames) a rexistrar este traballo contando con Iago Pico na gravación e post-produción. O proceso de financiamento popular para o que Raiba usou a plataforma Verkami ía destinado a completar as necesidades económicas do proceso, para o cal solicitaban 2.000 euros que acadaron grazas a 57 mecenas, dous dos cales terán ao grupo tocando para eles en festivais. A gravación de Marxinación tamén foi obxecto dunha peza audiovisual de 5 minutos, Como se grava un disco de rock, feita ex profeso para o concurso Youtubeir@s que promove o uso do galego na rede e na que intentan recoller todo o proceso de creación do álbum.

datos do disco
Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer