Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Atrás Tigre salta á escena con Fainos saír

O CUARTETO ACHEGA DEZ TEMAS DE POP LíRICO E CONTUNDENTE

Atrás Tigre salta á escena con Fainos saír

INDIE | maio 30, 2017

fainos_sair_atras_tigre.jpg

Un ano despois do seu EP de presentación, os composteláns Atrás Tigre presentan o primeiro álbum de longa duración. Fainos saír achega dez temas de pop cheos de guitarras e sintetizadores e letras de lírica coidada. Ademais das composicións propias, o disco adapta textos de Estevo Creus e de Aníbal Núñez, e integra en Este é o rostro tema versos de Olvido García Valdés e de Gonzalo Hermo. Os compoñentes habituais do grupo, Pedro Solla (guitarras, xilófono, claves, voz), Olalla Cociña (teclados, voz), Xiana Arias (baixo, voz) e Lois G. Carlín (batería) incorporaron para as gravacións no Estudio Terraforma do Hío a Ibán Pérez (trompeta) e José Ramón Rocha (cello). O disco, que viu a luz da man de Triunvirato o pasado día 20 logo dunha preestrea en Rockdeluxe está dispoñible en plataformas dixitais e nunha tiraxe limitada de 250 copias en vinilo de 12".



datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer